
O deputado do Grupo Parlamentario Popular e presidente da Comisión Mixta da Unión Europea, o monfortino Francisco Conde, será o representante de España na Conferencia dos Órganos Especializados en Asuntos da Unión (COSAC), que terá lugar os días 14 e 15 de xaneiro en Bruxelas.
Concretamente, Paco Conde liderará a delegación das Cortes españolas nesta cumbre parlamentaria, na que España transmitirá a presidencia da UE a Bélxica.
Trátase dun encontro de traballo no que participan todos os representantes das comisións dos parlamentos nacionais dos Estados membros, e no que se abordará o cambio da presidencia do Consello da UE, que durante os próximos seis meses ocupará Bélxica, así como a competitividade da Unión, a coñecida transición ecolóxica ou a axenda social.
A COSAC celebra dúas reunións ao ano. A primeira, que sería esta, é de carácter previo e preparatorio da segunda, que terá lugar posteriormente e corresponde á propia sesión plenaria onde cada Parlamento nacional conta con seis representantes, igual que o Parlamento europeo.
A orixe da COSAC está na Conferencia de Presidentes de Parlamentos da UE celebrada en maio de 1989 en Madrid, onde se acordou reforzar o papel dos Parlamentos nacionais en relación cos asuntos comunitarios, reuniendo periodicamente as súas Comisións de asuntos europeos. Sobre esta base, a primeira reunión deste foro celebrouse en París o 16 e 17 de novembro de 1989. A Conferencia adoptou o seu primeiro Regulamento e foi denominada COSAC en Luxemburgo en maio de 1991.
A COSAC créase por tanto nun contexto marcado pola implosión do sistema comunista en Europa central e do leste, o subsiguiente debate sobre a integración europea. Ao mesmo tempo, comezaba a percibirse unha falta de legitimidade democrática na actuación das institucións europeas, o que impulsou o reforzamento do control parlamentario dos procesos de toma de decisións.•





