
O que fose mítico porteiro do Real Madrid e da selección española campioa do mundo en Sudáfrica, en 2010, deixouse ver pola Ribeira Sacra durante os primeiros días do novo ano 2024. O exitoso ex-porteiro, colgou nas súas redes sociais fotografías en diferentes lugares da nosa comarca, ás que acompaña con textos en denótaos o moito que lle gustou a nosa terra, á que chegaba en busca de paz e tranquilidade, e afastarse un pouco do trafego e os focos que continuamente o perseguen no seu día a día.
MÁIS DE 27 MILLÓNS DE SEGUIDORES EN FACEBOOK
Nalgunha das fotos, chega a comentar que esa paz que busca debe vivir por aquí. A súa páxina de facebook ten máis de 27 millóns de seguidores. En Instagram ten máis de 20 millóns. Algunhas das fotografía que publicou, da súa estancia en Sober ou Pantón, teñen máis de 94000 likes. O impacto que ten, que unha personalidade como Casillas, visítenos é de gran valor. Unha promoción para a Ribeira Sacra incalculable. A cambio puido gozar, ademais da paz desexada, da riqueza das nosas paisaxes, viños e gastronomía.azas Iker.•



