O Club Neka brilla no campionato europeo

José Tomé Roca recibiu a 18 atletas do Club Taekwondo Neka, logo dos excelentes resultados acadados polo club monfortino no Campionato de Europa de Innsbruck e no Campionato de España. Foto GPCM.

O pasado catro de xaneiro, o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto a representantes municipais, reuniuse no Salón de Plenos da Casa do Concello para render homenaxe ao Club Taekwondo Neka e aos seus destacados deportistas polos extraordinarios logros nos Campionatos de Europa e España.
No Campionato de Europa en Innsbruck, Austria, e no Campionato de España en La Nucía, Alicante, o Club Taekwondo Neka conseguiu un total de 24 medallas. Destacan 13 medallas de ouro, 4 de prata e 7 de bronce, ademais de conseguir o bronce no Campionato de España como Club por equipos.
O Alcalde José Tomé Roca expresou a súa admiración e agradecemento ao adestrador, José Mª Vega, e a todos os deportistas polos seus éxitos que fan de Monforte un referente no deporte. «Monforte está moi ben representado na elite do deporte español, europeo e mundial», sinalou. O Alcalde comprometeuse a seguir respaldando o deporte base e os clubs locais. José Tomé animou aos deportistas a seguir esforzándose e mantendo o alto nivel competitivo alcanzado. José Mª Vega, director deportivo do club, expresou o seu orgullo polos resultados alcanzados e agradeceu ao Concello pola recepción. Destacou o traballo dos mozos deportistas, que levan o nome de Monforte a campionatos nacionais e internacionais. O acto contou coa entrega de trofeos conmemorativos aos 18 deportistas. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Hugo Rey volve aoUcoga Seguros Chantada

Seguinte Nova

Bóveda Slam Poetry KulturN’aldea

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: