
O PSdeG-PSOE da provincia de Lugo rexistrou a pasada semana a súa candidatura para concorrer ás eleccións autonómicas do vindeiro 18 de febreiro, encabezada polo candidato socialista á Xunta de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro. É saltou unha sorpresa, ao presentar como número 2 da lista, á que ata entón era a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez. Unha decisión, que non é habitual, abandonar un posto de goberno e responsabilidade dunha das cidades dcapital de provincia de Galicia, por un debido a que, previsiblemente daralle un escano no parlamento galego, pero que non ten garantido un acceso a postos de goberno. Un caso que xerou numerosas especulacións sobre os motivos para esta decisión, pero o certo é que non hai maior información que as declaracións dos líderes socialistas na provincia, que resaltan o valor e a achega de Lara Méndez na candidatura socialista. Méndez, declarou durante a súa despedida no Concello de Lugo «seguirei traballando por e para Lugo, seguirei exercendo esa vocación de servizo público que levo innata como todas e todos os compañeiros e compañeiras aquí presentes. Así que creo que deixo aquí moitos compañeiros e compañeiras, moitos amigos e amigas que seguirei mantendo, e deixo tamén o compromiso de seguir traballando por e para Lugo que é o gran obxectivo que teño, que tiven e que terei.
Seguir facendo de Lugo a cidade que é, unha cidade vangardista, unha cidade punteira, unha cidade que está sendo referente no ámbito nacional e internacional, e iso tennos que encher de orgullo. Así que, moitísimas grazas a todos e a todas e o pleno do día de hoxe. Así que, de verdade, de corazón, moitas grazas».
Pola súa parte, o Secretario Xeral do PSdeG na provincia, José Tomé Roca valorou a lista como a “mellor posible, un equipo sólido, con traxectoria de xestión en distintos niveis da administración, con perfís profesionais de diversos ámbitos, que aportan experiencia e xuventude, e que representan á totalidade do territorio”.
José Tomé amósase convencido de que “vai ter un gran resultado e contribuír de maneira determinante a activar o cambio en Galicia liderado por Besteiro”. O candidato socialista á Presidencia da Xunta “é moi valorado na provincia, e estou seguro de que vai recibir o cariño dos galegos en forma de votos. A partir de aí, abrirase unha etapa de esperanza e de ilusión para Galicia, que o necesita moito”. “Galicia precisa saír desta parálise, porque hai que facer cousas aínda que nos equivoquemos. Non facer nada non é a solución”, asegurou José Tomé.
CRÍTICAS DO PP
O voceiro provincial popular Antonio Ameijide critica a José Tomé, declarando que “é incapaz” de poñer orde dentro do seu partido na provincia e permitir o xogo de tronos” que se está a producir no partido socialista na cidade de Lugo “mantendo na incerteza á cidadanía”. Critica a postura tomada polo PSOE provincial, “empregando as institucións como plataformas de lanzamento das súas carreiras políticas persoais, deixando claro que os veciños de Lugo nunca lles importaron”.•