Teatro en Monforte: O Auto do Castromil

O xoves 25 de xaneiro coa obra O auto de Castromil, o concello de Monforte de Lemos inicia a súa a programación de teatro da Rede Galega de Teatros e Auditorios-AGADIC-Galescena para o primeiro semestre do ano 2024. A compañía teatral Excéntricas gañou con esta obra o III concurso de proxectos convocado pola Fundación Manuel María. O auto do Castromil, destaca pola súa proposta inovadora e a participación dun elenco de primeira categoría, encabezado por Rocio González, Victor Mosqueira, Marcos Orsi e Patricia Vázquez. A trama da obra desenvólvese nunha viaxe onírica a bordo dun coche de liña. Os viaxeiros, xunto co posible durminte condutor, ven como as súas maletas e bagaxes toman vida, amotinándose para relatar unha fascinante historia de Galiza. A través de autos populares e farsas do autor chairego, a peza busca combater a amnesia colectiva, ofrecendo unha visión alucinada da loita dun pobo que, a pesar das derrotas, ergue a cabeza e se rebela de novo. A obra reflicte unha rebelión na que o humor e o espírito antroidesco son as armas principais. O auto de Castromil mergúllase nunha Galiza que loita, sobrevive e renace, proporcionando un espectáculo visual e narrativo que impacta á audiencia.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte acollerá o Foro para Impulsar o Desenvolvemento Empresarial da Provincia de Lugo

Seguinte Nova

O Quixós despediu o ano cos descensos do Lor e do Cabe

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss