Adxudicada unha parcela de preto de 18.000 metros cadrados no Porto Seco de Monforte

Imaxe do 28 de febreiro de 2014, na que se poñía en servizo a primeira fase do Porto Seco de Monforte. Preto de dez anos tiveron que pasar para que se adxudique a primeira parcela.
Foto ARQUIVO.

A Xunta de Galicia anunciou este mércores a adxudicación dunha parcela de 17.782 metros cadrados no Porto Seco de Monforte de Lemos, propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS). A operación realizouse por un importe de 462.332 euros, aplicando unha bonificación do 50% sobre o prezo inicial, seguindo a porcentaxe vixente en todos os parques empresariais do Goberno galego na provincia de Lugo.
A empresa adxudicataria planea destinar estes terreos á construción dunha fábrica de granulados, utilizados en caldeiras de calefacción. O proxecto implica o uso anual de aproximadamente 70.000 toneladas de madeira e serradura de piñeiro para a súa fabricación. A superficie construída abranguerá máis de 3.600 metros cadrados, incluíndo edificacións, mentres que o resto da parcela será destinado a instalacións adicionais, como silos e equipos complementarios. O investimento total previsto pola empresa ascende a preto de 14 millóns de euros, que inclúen o custo de adquisición do terreo. Estímase que o proxecto xerará 20 postos de traballo directos e 27 indirectos, especialmente en áreas de loxística e extracción de materia prima.
A resolución da adxudicación establece un prazo máximo de tres meses para formalizar a venda da parcela a través dunha escritura pública. Este paso é unha peza clave no avance do proxecto, que non só representa un impulso económico para Monforte de Lemos, senón tamén a creación de emprego e oportunidades na rexión.
O Porto Seco de Monforte, que leva moitísimos anos bloqueado e sen avances significativos, comeza a recibir investimentos e proxectos empresariais que promoven o desenvolvemento económico e industrial da zona.
O certo é que queda xa moi afastado no tempo, aquelas proclamas que aseguraban un futuro prometedor para a que estaba chamada a ser a principal plataforma loxística de Galicia. Na hemeroteca dos primeiros números de EnComún, pódense atopar artigos respecto diso, e convén sinalar que este 2024 cumprimos 20 anos. É dicir, que tiveron que pasar vinte anos, que para Gardel non son nada, para que, salvando o breve período en que foi utilizado por Transfersa en 2008 para a loxística de vehículos, a que aparecese un investidor interesado en instalarse nestas instalacións, de xeito evidente deixadas da man de deus, entre acusacións cruzadas entre políticos de todo ámbito e ideoloxía. Unha boa noticia, a que a Xunta comunica, unha casualidade que sexa un día despois de que Gómez Besteiro, visita estas instalación (páxina 5 deste xornal). Oxalá sexa de verdade o comezo dun proxecto que leva moitos anos durmido.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Máis de 1.700 solicitudes de axudas á promoción do emprego autónomo en Galicia en só catro días

Seguinte Nova

Todo listo para a a XXXII edición da Festa do Caldo de Ósos de Taboada

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio