Alfonso Rueda comprométese a “seguir poñendo sentidiño» de cara ás eleccións do 18-F

Alfonso Rueda, xunto co resto de candidatos populares pola provincia de Lugo. Foto GPPP.

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, xunto cos 19 membros da candidatura pola provincia de Lugo, quixeron poñer de manfesto que a súa e unha política dos feitos, non das promesas. Fronte á muralla de Lugo, destacaron o compromiso coa realidade e presentaron un proxecto centrado en Galicia. A candidatura, encabezada por Elena Candia, promete unha campaña de proximidade, levando o proxecto de Alfonso Rueda aos lucenses.
O seu obxectivo, según declaran, é garantir un goberno estable e con sentidiño, traballando desde a honestidade e defendendo os intereses dos galegos fronte a un posible multipartito vinculado a Sánchez e ao independentismo.
Elena Candia considera que a do PP, é unha política realista, centrada en medidas concretas, cumprindo a palabra e apoiando o desenvolvemento da provincia. Destacou a importancia do compromiso co mar e os produtos pesqueiros, esixindo coidado coa reputación destes.
Alfonso Rueda, presentándose coa candidatura, solicitou apoio para seguir gobernando e contar á xente os feitos e proxectos. Subliñou a necesidade de seguir potenciando o rural e favorecer a remuda xeracional. Apostou por unha Galicia equilibrada e con sentidiño.
Na presentación, Rueda rexeitou a política de barullo e promesas, contrapondo a política dos feitos do PPdeG. En clave electoral, subliñou a importancia de traballar con feitos e non perderse en cuestións que non solucionan nada.
Candia ofreceu unha campaña de proximidade e honestidade, chamando á mobilización para apoiar a Rueda. Criticou a visión do PSOE sobre o rural e defendeu o compromiso do PP coa zona. Tamén destacou o legado do BNG en Lugo e a cultura sectaria na súa xestión.

REUNIÓN COMARCAL DO PP EN SARRIA
O PP de Lugo resaltou o compromiso da Xunta de Galicia coa vertebración da provincia e a seguridade viaria, evidenciado coa conversión do corredor de Sarria en autovía. Despois de poñer en marcha 11 km entre A Pobra de San Xiao e Sarria sur, cun investimento de 25M€, o Goberno de Alfonso Rueda proxecta continuar co desdobramento nos 16 km entre A Pobra de San Xiao e Nadela, coa previsión de destinar 35,5 M€ nos próximos anos.
Na reunión de traballo coa candidatura e membros do PP da comarca de Sarria, a presidenta provincial Elena Candia subliñou a importancia de dotar aos lucenses de infraestruturas do século XXI para o desenvolvemento da provincia. O PP destaca que a Xunta constrúe vías de altas capacidades sen implantar peaxes, ao contrario do Goberno central.
Os populares critican a subida de peaxes por parte do Goberno de Sánchez e apostan por conxelar as existentes. O corredor Lugo-Sarria-Monforte, con investimento de 135M€ desde 2009, converteuse nunha infraestrutura clave para conectar Lugo e Monforte de Lemos en aproximadamente 45 minutos. O PP resalta a súa contribución ao desenvolvemento e vertebración da provincia.

INTERPARLAMENTARIA
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, comprométese a construír unha España unida, poñendo Galicia como parte da solución e rexeitando conflitos. Subliña que Galicia é unha terra orgullosa da súa identidade e españolidade, destacando que o modelo galego é ser galego e español. Rueda destaca o papel de Galicia como solución para España e rexeita a confrontación, propondo esixencia, lealdade e evitar submisión.
Rueda critica a política de barullo e muros doutros e aposta por poñer sentido común ante desprezos do Goberno central. Chama á unión entre comunidades autónomas e destaca as eleccións como oportunidade para elixir o modelo galego. Subliña a normalidade de Galicia fronte á inestabilidade doutras rexións e rexeita a inxerencia do nacionalismo. Apela ao respecto ás diferenzas e a preservación da igualdade.
Alfonso Rueda comprométese a “seguir poñendo sentidiño, tendendo pontes e indo da man co resto de España” alá onde outros “só propoñen barullo, muros e fronteiras artificiais”
O presidente do PPdeG destaca a valentía dos mariñeiros ante bulos e falsidades e chama a seguir o modelo galego afastado do nacionalismo. Conclúe chamando a traballar con convencemento cara ao 18 de febreiro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Entroido e cocido en Bóveda

Seguinte Nova

O Museo Provincial de Lugo amplía a súa colección cunha obra de Leopoldo Nóvoa

Últimas noticias sobre ESPECIAL ELECCIÓNS

Ir aInicio

Don't Miss