Este domingo, 28 de xaneiro, inicia o animado Entroido no Concello de Chantada co desfile do Entroido Ribeirao. A partir das 16:00h en Santiago de Arriba, personaxes tradicionais como o Oso de Salcedo, Boteiros e Fulións de Viana do Bolo únense á festividade.
O Desfile de Comparsas, organizado polo Concello, contará coa participación do Entroido Ribeirao o próximo 10 de febreiro ás 17:00h, incentivando a participación con premios que van desde 300 a 1.000 euros e unha chocolatada popular ao rematar. As bases para as comparsas están dispoñibles na páxina web do concello.
Para Iván González Rey, da Asociación de Amigos do Entroido Ribeirao, “celebramos esta xuntanza de entroidos con entroidos amigos que veñen celebrar con nós o que é o comezo desta festa. Pola tarde, en Santiago de Arriba cruzaremos as hortas e no campo do Moredo realizaremos o Entroido, con todos os personaxes característicos do Entroido ribeirao.”
O Entroido Ribeirao de especial interese polo seu carácter etnográfico continuará coas representacións no Domingo Corredoiro, o Domingo de Entroido e o 13 de febreiro, Martes de Entroido.
A festa non remata aquí, xa que o Entroido Ribeirao será o encargado de abrir o Desfile de Comparsas organizado polo Concello o 10 de febreiro ás 17:00h, que percorrerá a Avda de Lugo ata o remate coa actuación da orquestra Trebol e unha chocolatada popular.
As persoas e grupos interesados en participar nas comparsas poden inscribirse no Rexitro do Concello ou chamar ao teléfono 982 440 011 ata o 7 de febreiro.
O xurado valorará aspectos como o vestiario, orixinalidade dos disfraces, posta en escena durante o desfile, simpatía e gracia dos participantes, orixinalidade da carroza ou plataforma, título da comparsa e a actuación final diante do palco. O prazo de inscrición pecharase o 7 de febreiro.
Ademais, este ano, o Entroido Ribeirao, co apoio do Concello de Chantada, busca non só manter a tradición, senón tamén impulsar e fomentar a creatividade e participación dos veciños, convertendo este evento nun escaparate cultural da contorna chantadina.•