O Diario Oficial de Galicia (DOG) hoxe publicou o decreto da Consellería do Medio Rural polo que se declara de utilidade pública e interese social o polígono agroforestal de Sabadelle, situado no concello de Chantada, na provincia de Lugo. Esta declaración, que recoñece razóns de interese público, permite aplicar a tramitación de urxencia do procedemento, facilitando así a posta en valor de 38,68 hectáreas distribuídas en 114 parcelas, pertencentes a 80 propietarios.
Os polígonos agroforestais teñen como obxectivo revitalizar áreas de terra agroforestal con boa capacidade produtiva, que ao longo do tempo foron abandonadas ou infrautilizadas. O polígono de Sabadelle, en particular, busca recuperar e promover a explotación agrícola ou forestal nunha zona con especiais valores ambientais e paisaxísticos, formando parte da Denominación de Orixe Ribeira Sacra e con gran demanda de terreos para iniciativas produtivas relacionadas coa gandaría en extensivo.
Esta medida encaixa coa Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, que busca a posta en valor de áreas que sofren procesos de abandono ou deterioro de valores patrimoniais e ambientais. Actualmente, en Galicia hai 29 polígonos agroforestais en diferentes fases de execución, que suman máis de 9.300 hectáreas distribuídas en 30.120 parcelas, beneficiando a 8.320 veciños da comunidade.
O proxecto leva en estudo dende comezos do ano 2022, cando o conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, mantivo unha primeria xuntanza de traballo co alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, para coñecer as principais demandas e necesidades dos veciños deste municipio lugués relativas ao agro, uns primeiros pasos que agora culminan coa declaración de utilidade pública e interese social do polígono agroforestal de Sabadelle, no que é o primeiro paso cara a converterse nunha realidade a corto prazo.•
Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO
A Deputación de Lugo cualifícaas de insuficientes e o BNG critica a tardanza e escasa dotación
A presentación do novo viño tivo lugar na bodega Vía Romana O pasado 3 de setembro,
No impoñente Mosteiro de Santa María de Montederramo, celebrouse o acto institucional en conmemoración do 900
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo vén de presentar no a comezos de mes no Pazo
Centos de viticultores, adegueiros e representantes institucionais concentráronse o pasado venres 6 de setembro diante da