Eduardo Iglesias, consegue terminar unha esixente edición do rally Dakar

Rematou a edición 2024 do Rally Dakar, e o piloto monfortion a bordo da súa KTM conseguiu finalizar a carreira, con tempo de 32 horas, dez minutos e vinte e un segundos, terminando no posto 74 da clasificación xeral. Non conseguiu o monfortino, superar a súa mellor clasificación no Dakar, a conseguida no ano 2021, un 53º posto. Con todo, hai que destacar que foi unha das edicións máis duras dos últimos anos, dadas as especiais condicións do trazado para a carreira, cunha etapa semi maratón de 48 horas durante a primeira semana, ao que se uniu o feito de ser o Dakar co maior percorrido por dunas da historia.
Se a todo isto, sumamos o gravísimo accidente sufrido polo piloto español Carles Falcón, que terminou custándolle a vida, podemos facernos unha idea da dureza e dificultades que superou Eduardo Iglesias.
Parabén para o piloto monfortino, ao que supoñemos recuperando forzas, para en pouco tempo volver sentir o alento da chamada daaventura dun novo Dakar. O que nn sabemos aínda é se será en moto ou en coche.Tempo ao tempo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Club Lemos volve a gañar un partido

Seguinte Nova

Monforte continúa a súa promoción en FITUR

Últimas noticias sobre DEPORTES

Intratábel a SD Sarriana

Magnífica a tempada a da SD Sarriana, que está a cumprir cos prognósticos que os daban como un dos favoritos ao ascenso.
Ir aInicio

Don't Miss