O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola Primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, está a participar dunha intensa axenda de eventos de promoción turística e cultural da cidade de Monforte e da Ribeira Sacra durante o transcurso da xornada inaugural da Feira Internacional de Turismo (FITUR), que se celebra en Madrid do 24 ó 28 de outubro. Un dos actos relevantes durante a xornada de hoxe foi o traspaso da capitalidade da Red de Juderías, que a cidade de Monforte ostentou en 2023, sendo o seu Presidente José Tomé Roca.