Monforte mellorará a sinalización nos pasos de peóns coa incorporación de farolas e catadióptricos

Unha das novas farolas xa instaladas nos pasos de peóns.
Foto GPCM.

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, revelou en rolda de prensa un proxecto innovador de mellora que incluirá a combinación de iluminación con farolas e catadióptricos nos pasos de peóns do casco urbano. A iniciativa se enmarca nun proxecto de mellora da iluminación pública global, coa finalidade de abordar aspectos relacionados coa seguridade no tráfico. José Tomé subliñou que “a seguridade viaria é fundamental para o meu Equipo de Goberno”, e esta iniciativa forma parte dun proxecto maior de mellora da iluminación pública, coa incorporación de farolas fronte aos pasos de peóns e a sinalización luminosa dos mesmos. Para acadar este obxectivo, o rexedor monfortino anunciou o inicio dos traballos de mellora da iluminación nos pasos de peóns sen regulación por semáforos.
O proxecto inclúe a colocación de 42 farolas novas en 32 pasos de peóns, identificados pola Policía Local como os máis transitados da cidade. José Tomé explicou que “as farolas colocaranse fronte aos pasos de cebra para mellorar a visibilidade e tamén se sinalizarán luminicamente os pasos, para que os condutores teñan unha maior visualización”.
Ademais da mellora da iluminación coa colocación de novas farolas, tamén se instalarán 1.800 catadióptricos en 340 pasos de cebra. Búscase aumentar a visibilidade dos pasos de peóns, especialmente de noite ou con néboa.
O investimento total nas novas luminarias e catadióptricos ascende a 85.000€, incluíndo materiais e man de obra.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Presentado o percorrido da terceira edición da Volta Ciclista O Gran Camiño

Seguinte Nova

Axudas para conciliación e igualdade en concellos de Lugo: convocatoria aberta con 10,5 millóns de euros

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss