Pantón acollerá un curso sobre poda de viñedo através da oficina agraria móbil

A Oficina Agraria Móbil, estará en Pantón o día 29 de xaneiro, para acoller un curso de poda de viñedo.
Foto GPXG.

A Xunta está impartindo estes días diferentes cursos sobre poda de viñedo por medio da Oficina Agraria Móbil. Así, unha destas accións formativas desenvolveuse xa na localidade pontevedresa de Arbo o pasado venres día 19 e están previstas outras dúas os vindeiros días 24 de xaneiro (en Salvaterra de Miño) e 29 do mesmo mes (na vila luguesa de Pantón). En cada un destes cursos poden participar, como máximo, 15 alumnos, que teñen que realizar a inscrición (gratuíta) previamente.
O programa ten una parte teórica e outra práctica, con labores nas propias viñas.
Datos para a inscrición:
o Curso do día 24 en Salvaterra de Miño: Correo-e: oac.seca.ponteareas@xunta.gal. Teléfono: 886 110 047
o Curso do día 29 en Pantón: 982 88 91 15 e 982 88 91 14.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A oficina móbil para emigrantes retornados achega apoio e asesoramento en Chantada

Seguinte Nova

Novo reforzo para o Ucoga Seguros Chantada

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio