Peche cautelar do Pub Valhalla por incumprimentos recorrentes de horarios

O peche do Pub Valhalla, súmase a outro recente na mesma rúa Duquesa de Alba, a que fora unha das máis movidas de Galicia nos oitente, e que agora languidece sen apenas locais de ocio nocturno. Foto ARQUIVO.

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa que a Xunta de Goberno Local do pasado luns 15 de xaneiro aprobou pechar cautelarmente o local de hostalería situado na rúa Duquesa de Alba, específicamente os locais 1 e 2 do número 18, debido a reiterados incumprimentos nos horarios de peche.
O Alcalde explica que, durante os anos 2022 e 2023, ao mencionado local foron tramitadas 9 sancións, todas elas por incumprimento do horario de peche establecido. A Lei 10/2017 de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia cualifica estas denuncias como unha infracción grave, o que conleva adoptar medidas provisionais, previas ao inicio do expediente sancionador, como o peche cautelar e o precinto do local.
Na Xunta de Goberno Local, aprobouse o peche cautelar do local na rúa Duquesa de Alba nº 18 debido á incoación do expediente sancionador por infraccións graves relacionadas con reiterados incumprimentos nos horarios de peche, especialmente 9 nos últimos 2 anos.
Axentes da Policía Local notificaron este acordo ao titular do local o xoves 18 de xaneiro ás 18:10 horas, e posteriormente procederon ao precintado do establecemento, tamén o día de onte ás 20:22 horas.
Este peche cautelar está respaldado pola Lei 10/2017 de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, así como outras normativas relacionadas co horario de apertura e peche de establecementos ao público e o inicio e remate de espectáculos públicos e actividades recreativas.
José Tomé Roca, o Alcalde, subliñou que «no presente caso resulta necesario a adopción deste tipo de medidas para evitar que se sigan a producir no tempo prexuízos derivados da comisión reiterada das presuntas infraccións de incumprimento de horarios, situación que ven a provocar molestias reiteradas na veciñanza da zona de Duquesa».
A Xunta de Goberno Local acordou por unanimidade adoptar a medida provisional, previa ao inicio de expediente sancionador, de peche cautelar e precinto do local sito na Rúa Duquesa de Alba nº 18, Locais 1 e 2, tras a recepción de máis de tres denuncias feitas por actas da Policía local por presuntos incumprimentos do artigo 33.d) da Lei 10/2017 de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, que cualifica dita infracción como grave.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O monfortino Javier Pérez, novo director xeral de Renfe Viaxeiros, S.A.

Seguinte Nova

Declarado de utilidade pública o Polígono Agroforestal de Sabadelle en Chantada

Últimas noticias sobre LECER

Ir aInicio

Don't Miss