Presentado o percorrido da terceira edición da Volta Ciclista O Gran Camiño

O xornalista deportivo Terio Carrera, e o Vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, durante a presentación do recorrido da Volta O Gran Camiño. Foto GPVDL.

O vicepresidente da Deputación de Lugo e deputado de Deportes, Efrén Castro, participou na presentación do percorrido da terceira edición de “O Gran Camiño”, a volta ciclista profesional que, polo terceiro ano consecutivo, trae á provincia de Lugo os mellores equipos e ciclistas internacionais, co patrocinio da área de Deportes.
O acto, celebrado no Auditorio Fontán en Compostela, desvelou o percorrido completo da etapa lucense, a segunda da volta, que se disputará o 23 de febreiro e que atravesará oito concellos. Taboada -saída da etapa-, Monterroso, Palas de Rei, Guntín, Portomarín, Paradela, O Saviñao e Chantada -chegada – completan o itinerario lucense da proba, que concede especial protagonismo ás ribeiras do Miño.
Efrén Castro destacou que “desde a primeira edición, O Gran Camiño situou as comarcas de Lugo como escenario do mellor ciclismo internacional, o que supón unha plataforma inmellorable para a proxección do territorio ao chegar a pantallas de todo o mundo”. Valorou tamén “que nesta terceira edición, o itinerario teña como referencia o Miño, un dos elementos xeográficos máis emblemáticos de Galiza, e contribúa ao recoñecemento da viticultura da Ribeira Sacra, fundamental para o mantemento das paisaxes e do dinamismo económico, social e cultural das comarcas do sur de Lugo”.
Con este evento, Lugo consolida a súa posición como epicentro do ciclismo internacional, destacando a beleza natural das ribeiras do Miño e promovendo a Ribeira Sacra como unha peza clave do patrimonio galego. A Deputación de Lugo, a través da área de Deportes, continúa comprometida coa promoción do territorio a través do deporte de elite.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte acolleu un foro empresarial para o “Impulso do Desenvolvemento Empresarial da Provincia de Lugo”

Seguinte Nova

Monforte mellorará a sinalización nos pasos de peóns coa incorporación de farolas e catadióptricos

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss