Todo listo para a a XXXII edición da Festa do Caldo de Ósos de Taboada

A deputada de Cultura Iria Castro presentou, xunto ao tenente de alcalde Xosé Portela e o concelleiro de Cultura, Deportes e Medio Rural Manuel Diéguez o a XXXII da edición da Festa do Caldo de Ósos de Taboada Foto GPVDL.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo suma o seu apoio á XXXII edición da Festa do Caldo de Ósos de Taboada, que terá lugar os días 10 e 11 de febreiro na Ribeira Sacra. A deputada de Cultura, Iria Castro, xunto ao tenente de alcalde Xosé Portela e o concelleiro Manuel Diéguez, presentou a cita gastronómica no Pazo de San Marcos. Castro resaltou a relevancia deste evento, onde «a gastronomía é o eixo central, pero tamén se incorporan a cultura e a tradición, aspectos esenciais para dotar de máis valor a esta celebración, que de por si é todo un éxito de público». A deputada tamén agradeceu a «posto en valor do produto local e a capacidade de traballo para renovar un dos símbolos de identidade indiscutible do concello de Taboada e da súa contorna». Xosé Portela subliñou «o carácter único do caldo de ósos, que ao longo dos anos logrou consolidar Taboada como un espazo imprescindible para os amantes da gastronomía de calidade». Destacou que a festa non só é gastronómica, «nunha cunca de caldo de ósos tamén saboreamos o territorio, a historia, o patrimonio, a tradición, a lingua e cada símbolo identitario da zona». A imaxe desta edición, deseñada por Rosa de Cabanas, arquitecta e ilustradora con profundos vínculos co medio rural, reflicte este enfoque integral.
O prato de caldo de ósos estará dispoñible nos establecementos hostaleiros de Taboada durante o fin de semana, e tamén de xeito gratuíto na Praza de Riazón. Nesta edición, dálles importancia non só ao produto, senón tamén á dimensión cultural e patrimonial, destacando o protagonismo das persoas e a visibilización e valorización do acervo culinario da zona.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Adxudicada unha parcela de preto de 18.000 metros cadrados no Porto Seco de Monforte

Seguinte Nova

Doazón ao Museo Pazo de Tor: unha nova folla no libro da familia Garza

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss