Agricultores e gandeiros concéntranse en protesta polo estado crítico do sector primario

A mobilización iniciouse o pasado 6 de febrero en todo o territorio español e ten carácter indefinido

Agromuralla, unha coalición de agricultores e gandeiros da provincica de Lugo, estase a mobilizar pacificamente en protesta polo preocupante estado do sector primario en España. Segundo o manifesto emitido pola organización, o sector agrícola e gandeiro atópase nunha situación crítica, coa tendencia ao abandono das explotacións e a falta de relevo xeracional.
Entre as principais preocupacións expresadas no manifesto está a discrepancia entre os prezos dos produtos agrícolas e os custos de produción, así como a ineficacia da Lei da Cadena Alimentaria para evitar a venda a pérdidas. Segundo Agromuralla, a modificación desta lei é simplemente un artificio por parte do Ministro de Agricultura, Luís Planas, que non pode intervir nos prezos dun mercado libre.
Tamén critican a desigualdade provocada polo «libre comercio», que permite que grandes empresas e fondos de investimento se deslocalicen a países con salarios baixos e impostos reducidos, dificultando a competencia para os produtores locais.
Ademais, lamentan que as políticas da Unión Europea, en particular o Pacto Verde e a Estratexia de Granxa á Mesa, estean a limitar a competitividade dos produtores europeos en favor de produtos importados, o que está a levar ao abandono de terras de cultivo e a unha maior dependencia de produtos estranxeiros.
Ante esta situación, dende Agromuralla instan ao Goberno Español a opoñerse nas instancias europeas a estas políticas e a reconsiderar acordos comerciais como o de MERCOSUR, que consideran danosos para o sector. A nivel nacional, demandan a derogación de diversas leis e regulamentos que consideran perxudiciais para o sector agrícola e gandeiro.
A mobilización, iniciouse o pasado 6 de febreiro en todo o territorio español, ten carácter indefinido e busca ser escoitada pola administración para negociar unha serie de reivindicacións que consideran vitais para o futuro do sector primario en España.

POSICIÓN DA XUNTA DE GALICIA
Con respecto ás protestas de agricultores e gandeiros, o conselleiro do Medio Rural, José González fixo unhas declaracións nas sinala que «respetamos o dereito de agricultores e gandeiros a manifestarse», e agarda que sexan movilizacións pacíficas, evitando a violencia vista nas estradas francesas, e recalcou que a súa posición é estar o carón dos agricultores e gandeiros, respecto dunha lexislación europea na política agraria común, chea de trabas burocráticas e esixencias medioambientais que poñen en perigo a sustentabilidade económica das nosas explotacións. Tamén considera o conselleiro, que corresponde ao Ministro de Agricultura Luís Planas, levar a voz dunha potencia agroalimentaria como España ante Europa, para parar esta lexislación que «pon en perigo a nosa soberanía agroalimentaria».
Critica a firma de convenios con Mercosur, sin cláusulas espello, de xeito que garantan que os produtos agrogandeiros que proveñan deses paises teñan os mesmos requerimentos dos nosos. José González, pide unha moratoria inmediata da nova lexislación comunitaria.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte continúa a súa promoción en FITUR

Seguinte Nova

O Ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, anuncia unha nova Comisaría de Policía e a renovación do Cuartel da Garda Civil

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

A %d blogueros les gusta esto: