O Ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, anuncia unha nova Comisaría de Policía e a renovación do Cuartel da Garda Civil

O Secretario Xeral do PSdeG na provincia e o Ministro do Interior mantiveron o pasado domingo un encontro na cidade do Cabe. Foto MONTERO.

O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, anunciou un investimento substancial por parte do Goberno de Pedro Sánchez en Monforte de Lemos. Este investimento, que supera os 7 millóns de euros, está destinado á creación dunha nova Comisaría de Policía e á renovación do Cuartel da Garda Civil.
José Tomé, quen tamén é Alcalde de Monforte e Presidente da Deputación, reuniuse con Fernando Grande-Marlaska, Ministro do Interior, para expresar o agradecemento polo esforzo inversor en dotacións esenciais para a cidade. Este encontro tivo lugar o pasado domingo 18 de febreiro, na cidade do Cabe.
A nova Comisaría de Policía, cuxas obras foron licitadas polo Ministerio do Interior, terá o seu emprazamento na Avenida de Galicia. O proxecto está en fase de contratación e conta cun orzamento de 4,695 millóns de euros. Esta nova instalación substituirá ás antigas instalacións ocupadas pola Policía Nacional, que datan de 1992 e presentan deficiencias significativas. Ademais da nova Comisaría, o investimento inclúe a renovación do Cuartel da Garda Civil. As obras, adxudicadas recentemente polo Ministerio, superan os 2,4 millóns de euros. Estas actuacións teñen como obxectivo mellorar a eficiencia enerxética e renovar as instalacións do cuartel.
José Tomé destacou estes proxectos como exemplo do compromiso e a capacidade de xestión dos socialistas cando gobernan. Instou á mobilización do voto nas eleccións autonómicas para trasladar este impulso á Xunta de Galicia. O obxectivo é acabar con 15 anos de inacción e incompetencia por parte do Partido Popular na provincia de Lugo.
O Secretario Xeral do PSdeG na provincia lembrou algúns dos proxectos esquecidos polo PP, como o Porto Seco, cuxa situación permanece estancada dende hai 10 anos, ou o desdobramento integral do corredor ata Monforte, nunca contemplado polos populares. Tamén criticou a precarización da Atención Primaria na cidade, que ten menos da metade dos médicos de familia que necesita. Para rematar, Tomé subliñou a importancia de poñer fin a este abandono e incompetencia co apoio a José Ramón Gómez Besteiro nas eleccións autonómicas. Este compromiso co desenvolvemento local refórzase coas múltiples reunións celebradas en Lugo e Vilalba, onde se abordaron as necesidades da provincia. Con este investimento en seguridade e infraestruturas, según declaran os socialistas lucenses que “Monforte encamiña unha nova etapa de progreso e desenvolvemento, demostrando o compromiso tanto do Goberno central como do PSdeG co benestar e a seguridade dos seus cidadáns”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Agricultores e gandeiros concéntranse en protesta polo estado crítico do sector primario

Seguinte Nova

Chantada rexeita unirse aos Concellos Emprendedores

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss