Gómez Besteiro garante en Monforte o seu despegue económico

Gómez Besteiro, no mitin de Monforte. Foto MONTERO..

O candidato socialista á Presidencia da Xunta de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, reuniuse en Monforte con máis de 500 persoas para compartir as súas propostas de desenvolvemento económico e social para a comarca. Destacou a necesidade de desbloquear o Porto Seco de Monforte, paralizado polo PP durante máis de dez anos, para convertelo nun nodo loxístico de referencia en Galicia e Europa. Besteiro asegurou que esta actuación será fundamental para a creación de emprego e o desenvolvemento industrial e empresarial da zona. “Esta actuación, que o PP mantén paralizada desde hai máis de dez anos, é clave para a creación de emprego, o desenvolvemento industrial, empresarial e innovador de Monforte e toda a súa comarca”. Ademais, propuxo o desdobramento integral do Corredor Nadela-Sarria-Monforte para convertelo nunha autovía, asegurando así unha conexión estratéxica co interior de Galicia. Criticou a xestión do PP, que en 15 anos apenas avanzou 11 quilómetros nesta vía esencial para o desenvolvemento da comarca.
Besteiro ofrecéu diálogo para desatascar as actuacións iniciadas polo Goberno de España para mellorar as infraestruturas na zona, como a electrificación da conexión ferroviaria coa Meseta en Alta Velocidade e a finalización da Ronda urbana de Monforte. Estas obras farán prosperar, dixo, a labor do alcalde José Tomé, coa implantación na cidade de proxectos punteiros como o da farmacéutica Kern Pharma ou o Centro de Ciberseguridade de Renfe. Recolleu tamén a petición do Concello para dobrar a superficie do Polígono Industrial porque “a Xunta que eu presida deixará de ser un obstáculo para converterse en aliada dos concellos, de forma activa e dinamizadora, atraendo novos investimentos e eliminando a burocracia e a mala xestión”. “Queremos unha Galicia viva, que medre ao mesmo ritmo que o resto de España, que cree emprego e permita á xente quedarse a vivir nos seus pobos e cidades se así o queren, pero para iso debemos tamén recuperar a calidade dos servizos públicos que nos foron recortados por estes 15 anos de ineptitude do PP”.
Neste sentido, Besteiro cualificou como a situación máis grave a que atravesa a Sanidade Pública en Galicia e asegurou que, “para os socialistas é fundamental reforzar a Atención Primaria, dotándoa de máis profesionais e especialidades” e, no caso de Monforte, “dotar de máis investimentos e máis persoal ao Hospital Comarcal”. Acusou a Rueda de ir desmantelando ás caladas a Sanidade e así, constatou que “o Centro de Saúde monfortino ten 5 médicos dos 12 que precisaría para atender a unha poboación de máis de 18.000 habitantes. Nos garantimos a cita médica en 48 horas. Coa saúde non se xoga”.
Por último, Besteiro apuntou á potenciación do sector vitivinícola e comprometeuse a loitar pola declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Chantada rexeita unirse aos Concellos Emprendedores

Seguinte Nova

Impulso empresarial na comarca: A Xunta presenta as axudas para emprendedores en Monforte

Últimas noticias sobre ESPECIAL ELECCIÓNS

Ir aInicio

Don't Miss