Alumnos de centros educativos asisten ao ensaio aberto de “Boa sorte, mala fama” de Tarabela Creativa

A Concelleira de Educación, Geni Valcárcel, e o Concelleiro de Acción Cultural, César No, logo do ensaio. Foto GPCS.

A Concelleira de Educación, Geni Valcárcel, e o Concelleiro de Acción Cultural, César No, acolleron con entusiasmo o alumnado dos centros educativos no ensaio aberto da peza “Boa sorte, mala fama” de Tarabela Creativa. Na residencia artística que a compañía de teatro realiza na Casa da Cultura dende decembro, actrices e equipo compartiron o proceso creativo, resolvendo as dúbidas dos rapaces e rapazas. Tamén ofreceron un ensaio aberto para asociacións culturais pola noite. O domingo 25 de febreiro, ás 20:00, actuarán na Casa da Cultura. Dende Tarabela Creativa quixeron agradecer profundamente á comunidade de Sarria “por abrirnos as súas portas durante a residencia artística”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Polémica entre populares e socialistas na Deputación a conta do “Coñece a túa provincia”

Seguinte Nova

O teu corazón pide Sarria

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss