O equipo de goberno de Quiroga fixa as prioridades para o novo Orzamento

O Equipo de Goberno de Quiroga, liderado polo Alcalde José Luis Rivera, está a traballar no Orzamento 2024. Foto RTMQ.

O Equipo de Goberno de Quiroga está a traballar arreo na elaboración do novo orzamento municipal, que será presentado na próxima sesión plenaria para a súa aprobación. Este presuposto, que se describe como «diferenciador», busca dotar a cada área dos recursos económicos necesarios para satisfacer as demandas da veciñanza e cubrir os servizos básicos de forma eficiente.
Estes serán os primeiros presupostos elaborados por este goberno, que ata o momento estivo traballando cun orzamento «escaso e adaptado ao anterior mandato». Con este novo enfoque, a intención é atender a todas as necesidades da comunidade, escoitando suxestións, demandas e críticas.
Entre as prioridades do novo orzamento, destacan iniciativas para o benestar social, actividades para maiores e nenos, o fomento do deporte, a atención ás aldeas e a mellora das infraestruturas municipais, incluído o Albergue Municipal, así como a atención ás demandas de obras.
Un dos desafíos herdados e prioritarios para este goberno é o servizo municipal de auga, que se vén enfrontando a problemas significativos. O gran incendio do verán do 2022 e os movementos de terra subsiguientes afectaron gravemente á calidade da auga, provocando cortes no subministro. O grupo de goberno é consciente deste desafío e, a pesar das críticas, está a traballar para abordar a situación, con plans para construír un novo depósito de almacenamento e mellorar a rede de distribución. Ademais, o Concello asegurou financiamento para a compra dun tractor con desbrozadora para atender as necesidades das aldeas e parroquias. Tamén dispoñen de fondos para obras, turismo, servizos sociais e educación, a través do Plan Único da Deputación Provincial de Lugo.
Outras accións planificadas inclúen iniciativas para fomentar o emprendemento e apoiar a creación de novas empresas, así como a reactivación das instalacións do Centro Social, a promoción do deporte e eventos deportivos locais, e o fortalecemento do patrimonio cultural e turístico da zona.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O teu corazón pide Sarria

Seguinte Nova

A XV Olimpiada de Xeoloxía celebra a súa fase galega nas Montañas do Courel

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss