Os Autónomos galegos dispoñen de axudas para contratar persoal indefinido

Os apoios van destinados á contratación do primeiro, segundo e terceiro traballador e, como novidade este ano, as persoas autónomas recibirán unha maior contía se contratan a mulleres.
Foto ARQUIVO.

Dende esta semana os traballadores autónomos en Galicia terán a oportunidade de solicitar axudas para contratar persoal de forma indefinida, así como para a súa formación. Este programa, publicado polo DOGA o pasado 29 de xaneiro pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, conta cun orzamento de 1,3 millóns de euros, co obxectivo de facilitar a contratación de aproximadamente 140 persoas desempregadas. Estas axudas, que estarán dispoñibles ata o vindeiro 30 de setembro, pretenden fomentar a creación de empregos estables e contribuír ao crecemento económico da comunidade. Especial atención se dá aos colectivos con máis dificultades de acceso ao mercado laboral.

AXUDAS ENTRE 7.500 E 17.600 EUROS POR TRABALLADOR INDEFINIDO
O incentivo para a contratación do primeiro traballador indefinido oscila entre os 7.500 e os 14.400 euros, mentres que para o segundo e terceiro empregado, a axuda vai desde os 9.000 aos 17.600 euros. Ademais, priorízanse e incentivánselle con maiores apoios ás persoas desempregadas de longa duración, maiores de 52 anos, con discapacidade, en risco de exclusión social, emigrantes retornadas e estranxeiras, así como tamén ás mulleres, colectivo que se suma este ano como grupo prioritario. Estas cantidades base poderán aumentar nun 15%, acumulables entre si, se a persoa contratada é muller nunha profesión subrepresentada, no caso de establecementos situados en zonas rurais, para maiores de 45 anos e persoas trans. Dende o Goberno galego declaran «reafirmar así o seu compromiso coa promoción do emprego autónomo e o desenvolvemento dos principais sectores económicos, mediante múltiples medidas de apoio, consolidación e mellora ao longo da vida profesional destes traballadores». •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Impulso empresarial na comarca: A Xunta presenta as axudas para emprendedores en Monforte

Seguinte Nova

Pontón comprométese a rematar a autovía entre Monforte e Lugo e as conexións do Porto Seco na próxima lexislatura

Últimas noticias sobre AXUDAS

Ir aInicio

Don't Miss