Polémica entre populares e socialistas na Deputación a conta do “Coñece a túa provincia”

O voceiro popular, Antonio Ameijide e o Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, enfrentados polo Programa Coñece a túa provincia. Fotos EC.

Os deputados do Grupo Provincial Popular na Deputación de Lugo expresaron a súa preocupación e crítica ante o que consideran un posible caso de compra de vontades no seo do partido socialista, a través da contratación do programa “Coñece a túa provincia”.
O voceiro popular, Antonio Ameijide, sinalou que a adxudicación do programa está envolta en controversia, xa que a empresa que fixo a mellor oferta podería non ser a beneficiaria debido a que foi considerada “anormalmente baixa”. Esta situación podería favorecer a unha UTE vencellada a familiares de altos responsables dos gobernos socialistas na Deputación e no Concello de Monforte.
A UTE en cuestión está formada por dúas empresas, unha delas encabezada por Ramón Díaz-Varela López, irmán do xefe de gabinete de José Tomé na Deputación de Lugo. Desa UTE tamén forma parte Ruth Díaz, persoa que formou parte dunha candidatura independente nas pasadas eleccións municipais en Sober, ademais de traballar durante case tres anos na rede museística do Concello de Lugo. “Esta José Tomé tentando cambiar vontades dentro da zona sur da provincia de Lugo de cara a futuras candidaturas?”, preguntou.
O portavoz popular lembrou que O programa ‘Coñece a túa provincia’ “recorda, e moito” a outro programa que xa puxera en marcha a Deputación de Lugo, baixo a presidencia do actual candidato do partido socialista á Xunta de Galicia, e que rematou nos xulgados. “Estaremos atentos á evolución da adxudicación e, se é preciso, poremos toda a documentación en mans do noso gabinete xurídico para que o valoren xa que temos moi claro que imos a defender os intereses dos lucenses ata o final e non imos a permitir que a Deputación sexa a chequera do PSOE”, sinalou.

RESPOSTA DA DEPUTACIÓN DE LUGO
Por parte da Deputación, negouse calquera irregularidade no proceso de contratación, sinalando que este é transparente e está en consonancia coa lei.
Dende a Deputación de Lugo sinalan que as declaracións do señor Ameijide “son un exemplo máis das malas artes e da indignidade política que vén demostrando o PP, acentuada, iso si, polo enorme nerviosismo, temor e preocupación que viven nas filas populares ante a vindeira cita electoral. Para pelotazos, os do PP. Intentan atacar aos demais para tapar as súas propias falcatruadas. O Voceiro provincial do PP é un fiel discípulo de Elena Candia, a campioa do xogo sucio contra os rivais políticos, coa entrega dos anónimos que iniciaron a persecución xudicial contra José Ramón Gómez Besteiro, rebasando todos os límites da ética e da moral”. Califican de “lamentable que o PP este acusando aos funcionarios provinciais de non facer ben o seu traballo xurídico e de fiscalización, e que cuestione a súa imparcialidade absoluta”.
Subliñaron que a empresa en cuestión non foi excluída do proceso, e que se lle deu a oportunidade de xustificar os prezos ofertados.
Consideran que “o Partido Popular minte, que ten o xogo sucio e a indignidade política, coa mentira como bandeira, co sinalamento, tanto de persoas que non pensan coma eles, como de empresas que non son do seu gusto, e que por iso atacan e descualifican, negándolles dereito a traballar nin a vivir”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

ENTROIDO MONFORTE 2024

Seguinte Nova

Alumnos de centros educativos asisten ao ensaio aberto de “Boa sorte, mala fama” de Tarabela Creativa

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: