O Concello de Sober aproba orzamentos para 2024, primando investimentos sociais e sen aumentar impostos

Imaxe do Pleno do Concello de Sober, no que se aprobaron os Orzamentos para o próximo ano 2024. Foto GPCS.

O Concello de Sober vén de aprobar os seus orzamentos para o ano 2024, cun importe total de 3.344.414,18 euros, representando un incremento aproximado do 7% en comparación co exercicio anterior.
As contas municipais, que foron aprobadas co voto favorable do equipo de Goberno do Partido Popular o do Partido Socialista, e coa abstención de Agroma Sober, reflicten unha aposta clara polo benestar social e os investimentos en infraestruturas sen a necesidade de incrementar impostos ou taxas municipais.
Como ven sendo habitual nos últimos anos, os orzamentos do Concello de Sober priorizan o gasto social e os investimentos reais en beneficio da comunidade. Nesta liña, máis de 1,6 millóns de euros están destinados a promover o benestar comunitario e o gasto social, mentres que ao redor de 500.000 euros son asignados a actividades culturais, educativas e deportivas.
Entre os investimentos reais previstos, destaca a última fase do saneamento no núcleo de Doade, cun investimento de 51.000 euros. Ademais, proxéctase a construción dun novo Punto Limpo e unha nave municipal con taller de reciclaxe, cun investimento de 275.000 euros, dos cales o 80% será financiado pola Consellería de Medio Ambiente.
Tamén se contemplan investimentos en melloras urbanas en diferentes zonas do concello, como Ferrón, Sanmil ou Portizó, cunha inversión total de preto de 200.000 euros, dos cales o 70% será achegado pola Xunta de Galicia.
En canto ás axudas e programas sociais, mantense o apoio para todos os niveis de ensino, desde infantil ata universidade, así como o fomento do emprego cunha partida de máis de 85.000 euros. As festas populares recibirán tamén axuda municipal, así como as asociacións locais para a organización de eventos ou proxectos de actividades. Un aspecto salientable dos orzamentos é o incremento salarial do persoal municipal nun 2,5%, aínda pendente da decisión do Estado sobre un posible aumento nese porcentaxe. O alcalde, Luis Fernández Guitián, asegurou que se trata de uns orzamentos “realistas”, orientados a seguir mellorando a calidade de vida das familias e asegurando a igualdade de oportunidades para todos os veciños e veciñas do concello.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O PP aposta por estender o bono coidado no fogar

Seguinte Nova

Eduardo Pérez Baamonde gaña o concurso do cartel da XLIV Feira do Viño de Amandi

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: