Raquel Arias, candidata do PP pola provincia de Lugo ao Parlamento galego, destaca os apoios da Xunta para a atención das persoas dependentes nos seus fogares. Subliña o Bono Coidado no fogar, que ofrece 5.000 euros ao ano, o que supón 416 euros ao mes, axuda xa percibida en xaneiro por 381 beneficiarios nas comarcas de Quiroga, Lemos e Chantada.•