O tradicional San Blás volve a igrexa de San Vicente

(Foto MONTERO)

A celebración de San Blas en Monforte, é toda unha tradición, e son moitos os que se achegan coas súas roscas e cintas, para que sexan bendicidas, e contribúan a afastar as enfermidades da garganta. Pero este ano, xa sexa porque a misa tivo lugar, cinco anos despois, na Igrexa de San Vicente, unha vez finalizados os traballos de restauración, ou ben pola praga de gripe, covid e todo tipo de afeccións respiratorias que nos axexan este inverno, o certo é que o número de devotos de San Blas que se achegou foi moito máis numeroso que en edicións anteriores. Ata os sete sacerdotes que oficiaban a misa tiveron que chamar á orde aos fieis que se abalanzaban sobre o santo para conseguir pousar as súas cintas sobre o seu pescozo.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

XOVES DE COMPADRES PERO NON DE COMADRES

Seguinte Nova

Gómez Besteiro confirmou que traballará dende a oposición no Parlamento de Galicia

Últimas noticias sobre SOCIEDADE

Ir aInicio

Don't Miss