Os viños da Ribeira Sacra estiveron presentes na feira BWW (Barcelona Wine Week)

A presenza da Denominación de Orixe Ribeira Sacra na BWW é unha mostra máis do recoñecemento e prestixio dos viños da nosa terra, destacando a súa calidade nun dos eventos máis destacados do sector. Foto BWW.

A pasada semana, Barcelona acolleu unha nova edición da feira BWW (Barcelona Wine Week), onde se destacou a diversidade territorial do patrimonio vitivinícola español. Por terceira vez consecutiva, a BWW superou as súas marcas en número de expositores e participantes, consolidándose como unha feira de referencia a nivel nacional e internacional.
No espazo expositivo da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), dependente da Consellería de Medio Rural, están presentes 5 adegas da Denominación de Orixe Ribeira Sacra:

  • Adega Saiñas C.B.
  • Dominio do Bibei S.L.U.
  • Finca Cuarta (Rubén Moure Fernández).
  • Pazo de la Cuesta S.L.U.
  • Viñas de Belesar S.L.U.
    Estas cinco adegas están a presentar ao público profesional o seu catálogo de viños, xunto con outros viños da D.O. que están presentes a través dos seus distribuidores ou representantes. O obxectivo principal da súa participación nesta feira é establecer novas relacións comerciais e abrir novos mercados, así como manter os contactos xa existentes. Ademais, aproveitan a ocasión para dar a coñecer as novas añadas e elaboracións que caracterizan aos viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.
    A presenza das adegas da Ribeira Sacra na Barcelona Wine Week reforza a posición da nosa zona como unha das principais referencias no mundo do viño, destacando a calidade e a diversidade dos nosos viños nun escaparate internacional de gran importancia.
    A Barcelona Wine Week (BWW), unha das feiras máis importantes do viño español de calidade, pechou as súas portas este pasado mércores na Fira de Barcelona con cifras récord: 952 adegas de 73 Denominacións de Orixe e preto de 21.000 visitantes profesionais, dos cales o 20% eran internacionais. Durante o evento, celebráronse máis de 12.000 reunións de negocios entre as empresas expositoras e os 1.000 grandes compradores nacionais e 650 importadores clave internacionais de países estratéxicos como Estados Unidos, Alemaña, Canadá, Países Baixos, Reino Unido ou China. Durante tres días, servíronse máis de 300.000 copas de viño para catar. O salón tamén contou con máis de 160 expertos, Masters of Wine, sumilleres, críticos e destacados elaboradores que analizaron os grandes retos e macrotendencias do sector. Desde a adaptación ao cambio climático e os avances en sostibilidade ata a tendencia a utilizar recipientes singulares para elaborar o viño, máis aló da madeira. Participaron reputados elaboradores, como Dominik Huber e Sara Pérez (DOCa Priorat), Masters of Wine como Fernando Mora, Almudena Alberca e Tim Atkin ou expertos como Peter Richards e Beth Willard.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O autobús urbano de Monforte rexistra aumento histórico de viaxeiros en 2023

Seguinte Nova

A importancia da remuda xeracional para fortalecer o sector agrogandeiro

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

A %d blogueros les gusta esto: