Rematan as obras da nova senda peonil na estradaLU-617 en Toiriz

Habilitouse un itinerario de 530 metros a ambos os lados da estrada, cun ancho mínimo de 1,8 metros, salvo nalgunha zona puntual con vivendas, garantindo a accesibilidade. Foto GPXG.

A Xunta de Galicia acaba de rematar a execución da nova senda peonil na estrada LU-617, situada en Toiriz, concello de Pantón. Esta actuación, que contou cun orzamento aproximado de 330.000 euros, representa unha medida importante para mellorar tanto a mobilidade como a seguridade viaria na zona.
O proxecto tiña como obxectivo principal a construción dunha nova senda de 530 metros a ambos os lados da LU-617, especialmente no tramo que atravesa o núcleo de Toiriz. Este novo itinerario foi deseñado cun ancho mínimo de 1,8 metros, garantindo así a accesibilidade para os peóns. Ademais, cabe destacar que se tivo especial coidado en adaptar a senda ás zonas con vivendas, mantendo sempre unha continuidade axeitada.
Coa finalización desta actuación, completase o itinerario existente na vía da Xunta, proporcionando á parroquia un itinerario peonil continuo de 850 metros de lonxitude, o que contribúe significativamente á seguridade e comodidade dos viandantes na zona.
Durante a execución do proxecto, leváronse a cabo varias tarefas, entre elas a demolición das cunetas, soleiras e outros pavimentos existentes, para posteriormente proceder á construción do novo itinerario sobre unha base de saburra artificial e formigón bituminoso. Ademais, foron levantados dous muros de contención utilizando bloques de granito, os cales contan con varandas de protección para garantir a seguridade dos usuarios.
Para unha completa integración co entorno viario, tamén se colocou balizamento e defensas, así como canles de desaugue e sumidoiros conectados a unha nova canalización, asegurando así unha correcta recollida das augas pluviais e evitando problemas de encharcamentos e deterioro das infraestruturas.
Esta actuación en Toiriz representa segundo declaran dende a Xunta de Galicia un paso máis na aposta pola mellora das infraestruturas viarias e a seguridade dos seus cidadáns, consolidando así o compromiso coa mellora continua do territorio e o benestar da cidadanía.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Quiroga celebra o Xoves de Compadres

Seguinte Nova

Envellecemento activo en Pantón

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss