Saleta Fernández logra unha marca de 1.84 na súa participación no Astana Indoor Meet

A saltadora monfortina Saleta Fernández volvía á competición internacional, desprazándose á capital de Casaquistán, para participar no Astana Indoor Meet co obxectivo de achegarse á súa marca persoal de 2019 de 1,90 metros que lle achegue ás competicións internacionais, xa que o ano pasado non superou os 1,80. E o certo, é que a pesar das duras condicións da viaxe, a monfortino terminou sétima, cun salto de 1.84, a mesma marca que a cuarta clasificada, nunha proba que gañou Urtė Baikstyte con 1.92. Con este resultado, a tempada preséntase con boas perspectivas, e en breve terá unha importante pedra de toque preto de casa, pois a cidade de Ourense acollerá, entre o venres 16 e o domingo 18 de febreiro de 2024, o campionato de España de Atletismo en pista cuberta. A competición regresa ás instalacións de Expourense por terceira vez en cinco anos, tras ser sede das edicións de 2020 e 2022. O Nacional de Ourense será unha data esencial para a posta a piques dos atletas e a consecución de mínimas in extremis para o Mundial. As pistas de Expourense parecen ser especialmente propicias para conseguir boas marcas nas probas de salto, como o Récord de España indoor de triplo salto que Jordan Díaz logrou o ano pasado na Copa Joma. Esperemos que sexan propicias para a atleta monfortina.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Os maiores de 65 anos poden viaxar de balde no transporte público autonómico

Seguinte Nova

Alfonso Rueda presenta o seu programa electoral: «A Galicia que funciona»

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss