
O xoves de compadres supón en moitos lugares do sur de Lugo, o punto de partida do Entroido. Entre eles, ten especial predicamento o de Monforte, no que son moitos os barrios nos que se preparan estes bonecos, e gózase dunha festa que mantén unha ancestral rivalidade entre sexos, que este ano parecer dar vantaxe ao masculino, tendo en conta que á data de peche deste xornal, suspendéronse os actos da praza de España relativos ao Xoves de Comadres, pola alerta por climatoloxía adversa.





