O Alcalde de Monforte dá a benvida ó novo Inspector Xefe da Policía Nacional

Recepción no Concello de Monforte ao novo Inspector Xefe da Policía Nacional en Monforte, Pablo Fernández López . Foto GPCM.

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, recibiu no seu despacho da Casa do Concello ó novo Inspector Xefe da Policía Nacional en Monforte, Pablo Fernández López, acompañado polo Comisario provincial de Lugo, Luis Miguel Romera Pérez. Fernández López asumiu o seu cargo hai uns días, sucedendo a Tomás García, que dirixiu a comisaría desde agosto de 2023.
Durante a reunión, o Alcalde e o novo Inspector Xefe abordaron o estado actual da seguridade na cidade, destacando a baixa incidencia delituosa, pero reafirmando a necesidade de manter a colaboración entre os diferentes corpos de seguridade do Estado. Tomé Roca subliñou a importancia de traballar en conxunto para seguir garantindo un ambiente seguro para os veciños de Monforte.
Tamén se discutiu sobre o futuro edificio que albergará a Comisaría da Policía Nacional en Monforte, cuxa licitación foi anunciada polo Alcalde o pasado mes de decembro de 2023, cun orzamento de preto de 4,7 millóns de euros.
O novo Inspector Xefe, nacido en Ferrol en 1972, é diplomado en graduado social e licenciado en Ciencias Policiais, e conta con ampla experiencia na Policía Nacional. Destacou como xefe do MIP en Telde, nas Palmas de Gran Canaria, e como xefe da Brigada Provincial de Seguridade Cidadá de Lugo dende o 2019. Fernández López foi recoñecido con múltiples distincións pola súa dedicación e mérito no servizo policial.
José Tomé Roca expresou tamén o seu recoñecemento e agradecemento ó traballo desempeñado polo anterior Inspector García, e deu á benvida ao novo líder da Policía Nacional en Monforte, reafirmando o compromiso coa seguridade e o benestar dos cidadáns da cidade.
RECEPCIÓN NA SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO
Previamente, a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, tamén recibiu ao novo xefe da comisaria de Monforte, o inspector xefe, Pablo Fernández, nunha reunión, na que tamén estivo presente o comisario provincial, Luis Romera, coincidindo coa subdelegada sobre o importante labor cidadán que vai facer o novo cargo á fronte da comisaría, e agardando manter esa guía de traballo establecida polos responsables anteriores. Isabel Rodríguez felicitouno polo seu novo cargo, co que vai a coñecer e traballar con profesionais da vila e arredores da provincia e confía en que desempeñará as súas tarefas con responsabilidade e dilixencia a través da integración e dedicación do corpo cos habitantes do municipio e velando pola súa seguridade e protección.
Así mesmo, Rodríguez mandoulle unha mensaxe de apoio e tendeulle a man da propia Subdelegación e dela mesma “para garantir a convivencia e o achegamento do corpo aos habitantes da provincia, logrando unha seguridade efectiva e real”. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Alfonso Rueda reivindica a vitoria do PPdeG nas eleccións autonómicas

Seguinte Nova

Grupo de teatro «Augas do Sil»

Últimas noticias sobre PORTADA

Entrevista a Xabier Quiroga

O escritor do Saviñao vén de publicar Alguén ao lado, una novela fundada na conxugación de sentimentos fundamentales e idiosincrasia galega Falamos
Ir aInicio

Don't Miss