Aberto o prazo de solicitude para as axudas ao emprendemento da Xunta de Galicia

Poden optar a estes apoios pemes, autónomos, mutualistas e entidades da economía social que inicien a súa actividade ou o teñan feito a partires do 1 de xaneiro de 2022. Foto GPXG.

Dende a pasada semana, os autónomos, mutualistas, pemes e entidades de economía social teñen a oportunidade de optar ás axudas ao emprendemento publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado 5 de febreiro. Estas axudas, dotadas cun orzamento de 6,5 millóns de euros, están deseñadas para impulsar as iniciativas de emprendemento na comunidad.
A Administración autonómica busca fomentar e fortalecer as actividades emprendedoras, co obxectivo de incrementar a actividade económica e mellorar a competitividade das empresas galegas.

ENTIDADES DE ALTA NA SÚA ACTIVIDADE ECONÓMICA DESDE O 1 DE XANEIRO DE 2022
Os colectivos que poden optar a estas axudas son os seguintes: persoas traballadoras autónomas, mutualistas, pequenas e medianas empresas, sociedades cooperativas e laborais, así como as empresas de inserción e os centros especiais de emprego. Estes apoios están dispoñibles para aquelas entidades que se constitúan ou estean dadas de alta e inicien a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2022.

AXUDAS ENTRE 3.000 € E 30.900 €
As achegas económicas variarán en función do investimento realizado, oscilando entre os 3.000€ e os 30.900€. Estas axudas cubrirán gastos relacionados co proxecto empresarial, como equipamento informático, eficiencia enerxética, mobiliario e reforma de instalacións, entre outros.
Unha das novidades desta convocatoria é a inclusión dos gastos notariais e/ou rexistrais directamente relacionados coa actividade subvencionada, así como os gastos de aluguer do local ou centro de traballo onde se desenvolva a actividade subvencionada. Estes gastos contarán cun máximo de 300€ e 600€ por persoa beneficiaria, respectivamente.

A través desta iniciativa, búscase apoiar as iniciativas de emprendemento dos autónomos e pemes, co fin de fortalecer a súa actividade ante os desafíos derivados do contexto económico actual e avanzar no desenvolvemento sustentable da comunidade galega, así como no mantemento dun emprego de calidade.

PRAZO DE SOLICITUDES
O prazo para solicitar estas axudas permanecerá aberto ata o 28 de xuño de 2024.
Os interesados poderán atopar máis información sobre os requisitos e procedementos de solicitude no Diario Oficial de Galicia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Bóveda Slam Poetry

Seguinte Nova

Avais públicos para facilitar o acceso dos mozos á súa primeira vivenda

Últimas noticias sobre AXUDAS

Ir aInicio

Don't Miss