Amplíase o prazo para participar no IX Concurso Fotográfico “Red Ribeira Sacra – Viticultura Heroica”

Antonio Lombardía Crespo, presidente da D.O. Ribeira Sacra, será o convidado de honra da Mostra dos Viños de Pantón 2024, cita na que se entregarán os premios do Concurso Fotográfico Foto MLS

Ata o 31 de marzo de 2024 ás doce da noite está aberto o prazo para enviar traballos ao IX Concurso Fotográfico Red Ribeira Sacra-Viticultura Heroica, que organiza Mar López Sotelo, divulgadora cultural e administradora do grupo de Facebook Red Ribeira Sacra y Camino de Santiago, en colaboración co Concello de Pantón e o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra. A convocatoria ampliou o prazo de recepción de obras para non coincidir coas datas de Entroido e das eleccións autonómicas, e pola alta demanda de participación.

COMO PARTICIPAR
As bases do concurso indican que os traballos deberán reflectir a viticultura heroica ou de alta montaña nos seus diversos traballos, paisaxes, territorios, adegas e as diferentes variedades propias da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Para a puntuación, nos traballos se valorará a composición, a creatividade e a calidade técnica. O concurso está aberto tanto a fotógrafos profesionais ou afeccionados maiores de idade, ou menores con autorización.
Cada participación poderá presentar ata dúas fotografías en color ou branco e negro, realizadas con cámara fotográfica, dron ou teléfono móbil, puidendo optar unicamente a un só premio. As fotografías presentaranse en formato jpg cunha resolución mínima de 1024 x 1024 píxeis, cun peso non superior a 4 Mb.
As imaxes enviaranse a través do enderezo electrónico redribeirasacra@gmail.com, antes das 23:59 horas do 31 de marzo de 2024. A mensaxe estará encabezada co asunto “IX Concurso Fotográfico Red Ribeira Sacra-Viticultura Heroica”, e se deberá indicar o título da fotografía, acompañado dos datos de identificación e contacto da persona autora do traballo. Dende a organización recomendan enviar unha única fotografía en cada correo, para evitar sobrecargas na rede. Así mesmo, indicarase cun número a orde en que se envían as fotografías.

CATRO PREMIOS
Os traballos enviados serán de uso exclusivo para o concurso, non puidendo ser premiadas con anterioridade. As fotografías recibidas serán publicadas no grupo de Facebook Red Ribeira Sacra y Camino de Santiago por parte da administradora, co fin de valorar o número de interaccións. Esta ponderación unirase á valoración realizada polo xurado, que estará formado por profesionais afíns ao mundo da fotografía, a viticultura e as artes plásticas da Ribeira Sacra. Todos os traballos presentados formarán parte da exposición itinerante “IX Concurso Fotográfico Red Ribeira Sacra-Viticultura Heroica”.
As bases establecen catro premios: un lote de viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, por xentileza do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra; unha cata nocturna para dúas persoas, por xentileza da adega EDV subzona Quiroga-Bibei; unha viaxe en zodiac polo Miño para dúas persoas, por xentileza de Turismo Pantón, con visita á Fervenza de Augacaída, cata e degustación de produtos da zona.
Os premios entregaranse nun acto público no marco da celebración da Mostra dos Viños de Pantón 2024. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O mal tempo non impediu o Entroido

Seguinte Nova

O obradoiro intelectual con adultos de Pantón cumpre oito anos

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss