Ata o 28 de febreiro poderá verse na Casa de Cultura de Chantada a pintura de Jorge Andrés Serrano

Imaxe: Jorge Andrés Serrano

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o próximo 28 de febreiro, unha exposición da obra pictórica de Jorge Andrés Serrano Mato. O pintor coruñés, fincado en Pontevedra, cidade na que realizou estudos de Belas Artes, ademais da pintura, tamén traballa a fotografía, aínda que a exposición de Chantada vira ao redor dos seus traballos pictóricos. É compoñente do colectivo artístico A Corda (Galicia-Madrid) e actualmente, compaxina o seu traballo creativo co exercicio da docencia como profesor de pintura na Escola de Artes e Oficios (EMAO), Vigo. Participou con notable éxito en numerosas exposicións durante os últimos anos: foi Finalista da XI Bienal Internacional de Arte Jovem de Vila Verde, Portugal, seleccionado para exposición e publicación en catálogo, 2020. Finalista certame pintura Casimiro Sainz, Reinosa, Cantabria, seleccionado para exposición en 2018. Finalista no XXIII premio de pintura Concello de Algemesí, Valencia, seleccionado para exposición e publicación en 2018. Exposición colectiva ArtSorey, Cambados, Pontevedra. Esta é unha pequena mostra do seu traballo expositivo, desde o afastado 2003 no que se alzou co primeiro premio III concurso de pintura «Postais Coruñesas».
Unha oportunidade única para coñecer de preto o traballo dun dos grandes talentos artísticos galegos contemporáneos.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Avais públicos para facilitar o acceso dos mozos á súa primeira vivenda

Seguinte Nova

O Encontro Palilleiro de Sarria regresa con forza tras catro anos de parón

Últimas noticias sobre CULTURA

PROGRAMA LUGOTERMAL 2024_2025

A Deputación abrirá o prazo de inscrición ás 09:00 horas do luns 02.12.2024 da nova edición do LugoTermal, con máis de 1.700 prazas. 
Ir aInicio

Don't Miss