
O Gran Camiño, unha competición ciclista de prestixio, terá a súa segunda etapa en Chantada o 23 de febreiro, dentro da terceira edición desta proba. O percorrido de 151 km iniciará en Taboada e rematará na vila de Chantada, con pasos por Belesar. O alcalde, Manuel Lorenzo Varela, destaca a honra de ser final de etapa e subliña a beleza do río Miño como compañeiro dos ciclistas. Estas competicións traen consigo cambios no tráfico e no aparcamento. Na rúa Juan XXIII, lugar de final de etapa, o estacionamento estará prohibido en ambos os lados entre a igrexa nova e a oficina de Abanca desde as 20:00 h do día 22. O día 23, esta zona quedará pechada ao tráfico desde as 7:00 h. O resto da rúa prohibirase o estacionamento desde as 8:00 h, pechando totalmente á circulación desde as 14:00 h. O final de etapa está programado para as 17:00 h. e espera-se recuperar a normalidade na circulación ás 19:00 h. As modificacións no tráfico afectarán tamén ás seguintes rúas: rúa Emilia Pardo Bazán, cortada e prohibido estacionar desde as 8:00 h.
Avda de Monforte, prohibido estacionar no lado esquerdo desde as 8:00 h. entre o ambulatorio e o Bar Penela, e desde as 14:00 h. entre Muebles Cabezas e Talleres Fornas.
Rúa Fontearcada, prohibido estacionar desde as 8:00 h e cortada desde as 14:00 h. Rúa Antonio Lorenzana, cortada e prohibido estacionar desde as 8:00 h. Rúa Ángel Gómez Montero, cortada e prohibido estacionar desde as 8:00 h.
Rúa Alameda Xavier Costa Clavel, prohibido estacionar desde as 8:00 h, cortada desde as 14:00 h. Avda Mariano Cedrón – Praza Catro Camiños, prohibido estacionar desde as 8:00 h. Rúa Costaña, prohibido estacionar desde as 8:00 h.•