Continúan os traballos a realizar no marco do obradoiro dual de emprego que para o período 2023-2024, está a ter lugar nos concellos de O Incio, Bóveda e A Pobra do Brollón. Nestas datas, os traballadores participantes estiveron a condicionar e embelecer as zonas verdes do concello. En concreto, estiveron facendo tarefas de roza e poda nas inmediacións do Centro de Día e do Albergue da Pobra do Brollón. Lembremos que este obradoiro dual de emprego, terá unha duración de 12 meses e o período de execución estimado será dende o día 6 de novembro de 2023 ata o 5 de novembro de 2024 e conta cunha subvención de 532.546,20 euros da Xunta de Galicia.
Ofrecerá formación especializada en dúas especialidades:
- Actividades Auxiliares en Viveiros, Xardíns e Centros de Xardinaría: 13 alumnos.
- Instalación e Mantemento de Xardíns e Zonas Verdes: 7 alumnos.•