Escepticismo de PLADESAPU ante o anuncio do conselleiro

Comunicado íntegro da Plataforma de Defensa da Sanidade Pública

FOTO: EnComún

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública (PLADESAPU) da área sur de Lugo, responde con escepticismo ante as declaracións do conselleiro de sanidade, Julio García Comesaña, durante a súa visita última visita o hospital comarcal esta mesma semana. O conselleiro asegurou que habería un investimento de 15 millóns de euros no hospital, e que, entre moitas outras cousas, se ampliaría o espazo para as consultas externas. Desde a Plataforma non entenden moi ben para qué queren aumentar o espazo das consultas, cando estas carecen de facultativos que as atendan, e a tendencia xeral é centralizar todo no hospital de referencia, situado en Lugo. Só neste último ano, a dixestóloga colleu a baixa e non a está a cubrir ninguén, só se fan endoscopias unha vez á semana, con listas de espera que superan o ano e con pacientes tendo que ir a sanidade privada; o hospital só conta a día de hoxe cunha psiquiatra en lugar de dúas, e o mesmo conto, listas de espera longuísimas e pacientes que acoden a privada desesperados por unha solución ós seus problemas; os rehabilitadores que viñeron cara finais de ano, desaparecidos de novo en combate…por non falar de que este ano quedamos coa metade de radiólogos, un que se xubila a finais de ano, e outro que colle praza en Burela, polo cal de catro que hai actualmente o hospital pasaría a ter dous. É dicir, o investimento en infraestructuras en lugar de medios humanos é un despropósito. Comesaña insistiu na incorporación de 21 novos médicos, pero xa a finais de 2022, na primeira asamblea que organizou a plataforma, o discurso do Sergas era ese, a incorporación inmediata dunha morea de médicos que nunca acaban de chegar. A Plataforma insiste no desmantelamento do hospital comarcal, por moito que queiran colgarse medallas a base de talonario facendo obras estruturais, moitas veces mal rematadas (non esquezamos as inundacións que houbo en diversos servizos tralas choivas do último inverno). Polo visto desde o Sergas non contaron con que en Galicia pudiera chover e as instalacións tiveran que estar preparadas para tal evento climatolóxico.
A Plataforma esixe compromisos reais con Monforte e a súa comarca, non só propaganda nos últimos coletazos da campaña electoral.
As melloras estructurais están moi ben, pero son os profesionais sanitarios os prioritarios, e as queixas dos usuarios están motivadas pola escaseza de médicos, non polo vellas que son as paredes
.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Conselleiro de Sanidade anuncia a renovación integral do Hospital Comarcal de Monforte

Seguinte Nova

Monforte aumenta a reciclaxe de residuos

Últimas noticias sobre SAÚDE

Ir aInicio

Don't Miss