O Encontro Palilleiro de Sarria regresa con forza tras catro anos de parón

Efrén Castro no acontro coa asociación de Palilleiras Camiño de Santiago de Sarria. Foto GPVDL.

O tradicional Encontro Palilleiro de Sarria, unha celebración arraigada na cultura e nas tradicións da vila, volverá a encher de vida o 16 de marzo, despois de catro anos de ausencia. A iniciativa, liderada pola Asociación de Palilleiras Camiño de Santiago de Sarria, conta co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, o que representa un impulso significativo para o evento. Efrén Castro, vicepresidente e deputado de artesanía e deseño, tivo un papel destacado na volta deste encontro, entregando material ás usuarias da asociación para distribuír entre os asistentes. Agárdase que a xornada conte con aproximadamente 300 persoas. Ademais do material proporcionado pola Deputación, as palilleiras tamén recibirán exemplares dos libros «Samos» e «Ourivería antiga do Museo Provincial de Lugo», editados polo servizo de Publicacións da institución provincial. Ademais, recoñecerase o traballo doutras entidades participantes, como o de Pablo Mazoy, Rosa Jove e Nacho Porto, a través da exposición das súas artesanías.
«Citas coma esta permiten conservar o noso patrimonio artístico e material e dar a coñecer un traballo que, sobre todo, avoas e nais conservan grazas aos seus antepasados. Con esta xuntanza podemos achegarnos a novas xeracións, algo esencial para que sobrevivan oficios e traballos coma este», explicou Efrén Castro.
Dende a agrupación sarriá móstranse entusiasmados ante esta novena edición do Encontro Palilleiro de Sarria. Despois dun período de interrupción e dun cambio na directiva, esperan atraer a un amplo público e encher o pavillón do Chanto con mulleres e homes de todas as idades, co único obxectivo de preservar este arte tan característico da nosa cultura.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Ata o 28 de febreiro poderá verse na Casa de Cultura de Chantada a pintura de Jorge Andrés Serrano

Seguinte Nova

Sarria acollerá unha nova edición da Carreira da muller

Últimas noticias sobre SOCIEDADE

Ir aInicio

Don't Miss