Máis de 1200 foron os participantes no desfile de Entroido de Monforte. Fotos MONTERO.
O desfile de comparsas de Chantada desplazouse ao Mercado Gandeiro, O desfile de comparsas de Chantada, desplazouse ao Mercado Gandeiro, que se convertiu nunha animada festa chea de cor. Foto EnComún.
A ocioteca do Concello de Bóveda celebrou un animado baile de carnaval o venres nove de febrerio. Os nenos disfrutaron de disfraces, bailes e xogos nun ambiente festivo e colorido. Esta celebración en Bóveda reflicte a rica tradición do Entroido na comarca, onde as festividades son sempre unha oportunidade para a diversión en familia. Unha tarde chea de diversión e risas para os máis pequenos da vila. • Foto: EnComún
Como todos os anos, o desfile de Quiroga, levou moita xente á rúa para disfrutar dun espectacular desfile. Boa mostra é esta foto duns moteiros enmascarados. Foto MONTERO.
O Alcalde de Sober, Luís Fernández Guitián, quixo tamén sumarse á festa, deixándose ver derrochando moito sentido do humor. Foto MONTERO.
O Oso de Salcedo (Foto: MONTERO)
O Entroido Ribeirao (Foto: YoshimuraEye)
O desfile de Pantón (Foto MONTERO)
O enterro da sardiña en Monforte (Foto Pili Chaos).
A ameaza de temporal e choiva levou a trasladar o tradicional desfile de Entroido ao pavillón polideportivo municipal, o que non impediu que a imaxinación dos disfraces e o colorido, contaxiasen a festa aos numerosos asistentes. Foto EnComún.
Había alerta climatolóxica con ameaza de choiva e vento, que con todo non impediu que miles de persoas botásense á rúa para celebrar o Entroido no sur de Lugo. Soamente faltou o desfile de Sarria, que se aprazou para unha próxima data cando o tempo climatolóxico o permita. Polo demais, tanto o Entroido Ribeirao en Chantada, o Oso de Salcedo, e os desfiles e festas en Monforte, Quiroga, Chantada, Pantón, Sober ou Brollón, foron todo un éxito. Agora xa nos tocan as festas do viño, unha tempada que comeza en Chantada os días 8, 9 e 10 de marzo. Que non pare a festa.•