O obradoiro intelectual con adultos de Pantón cumpre oito anos

Imaxe de arquivo dunha edición anterior do obradoiro intelectual para adultos, que organiza o Concello de Pantón. Foto GPCP

A axenda de actividades de lecer para todos os públicos que organiza o Concello de Pantón continúa a ofrecer o obradoiro intelectual para adultos, que vén de acadar o seu oitavo ano en funcionamento. Segundo explica Javier González, técnico municipal de Cultura, a actividade comezou hai oito anos como un taller de memoria para adultos que, co tempo, foise adaptando ás idades dos participantes. “Viña xente de 60 anos en adiante, e fomos vendo que a maior parte das persoas que viñan non tiñan problemas de memoria, senón perda de habilidades por falta de uso”, puntualiza González, encargado deste obradoiro que se desenvolve os mércores de cinco e media a sete da tarde. Os participantes traballan con exercicios de buscar diferenzas ou de números, ademais de facer lecturas que logo se comentan entre todos. “Tentamos ofrecerlles algo ao que lle vexan utilidade e sacalos de casa, socializalos durante esa hora e media no tempo libre que teñen e traballar aspectos que se foron deixando de exercitar”, sinala o responsable municipal da actividade. O obradoiro está recibindo aínda novos participantes, que se sinten sorprendidos e altamente satisfeitos. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Amplíase o prazo para participar no IX Concurso Fotográfico “Red Ribeira Sacra – Viticultura Heroica”

Seguinte Nova

A pancarta do PP salpicou a tradicional celebración do Oso de Salcedo

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: