Na última sesión plenaria a candidatura Por Chantada-IGV presentou unha moción destinada a fortalecer os principios democráticos de transparencia e participación cidadá no Concello de Chantada. A iniciativa contou co apoio do Partido Socialista, pero non conseguiu ser aprobada polos votos en contra do Partido Popular, que posúe a maioría absoluta na corporación local. Esta iniciativa buscaba superar as barreiras que dificultan a implicación da veciñanza nos asuntos públicos e abordar a desafección política que se observa nalgúns sectores da poboación. O obxectivo principal da proposta é agravar as sesións plenarias de forma oficial e retransmitilas, seguindo o exemplo doutras localidades como Lugo ou Monforte. Ademais, propuxeron a aprobación dun “Regulamento de Participación Cidadá (RPC)”, que establecería os procedementos para que os cidadáns poidan intervir nos asuntos públicos.•