Unha profeta na súa terra

Mar LÓPEZ SOTELO

Directora da Área de Historia e Antropoloxía
Instituto Europeo Campus Stellae
  • O 4 de setembro de 2019 fíxose realidade un dos meus soños como investigadora galega: presentar a primeira exposición fotográfica itinerante na cidade onde nacín e crecín, para desmentir aquilo de que “ninguén e profeta na súa terra”. Como vedes, eu non podo dicir o mesmo. Pasaron uns cinco anos desde entón, e este 9 de febreiro, tamén contando co apoio e a colaboración do Concello de Monforte de Lemos e na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, tiven a honra de presentar o meu segundo libro monográfico sobre os resultados da investigación e a descripción feita sobre o achado dos paneis arqueolóxicos do esgrafiado galego, e tamén a exposición fotográfica itinerante actualizada, como soporte visual deste achado.
    Contar con tan valioso apoio, entre outras colaboracións, fixo posible que hoxe esteamos falando de que o termo «esgrafiado» e o verbo «esgrafiar» se atope no Dicionario da Lingua Galega, de igual forma que o termo «Esgrafiado Estilo Galego» sexa reconocido como unha arte propia pola Real Academia Galega das Belas Artes.
    Neste novo libro en formato xoia, «Esgrafiado Galego. Un Museo ao aire libre», editado por Teófilo Edicións e escrito en galego, castelán e inglés, faise a primeira descripción da arte do esgrafiado en Galicia, e enúncianse catro teses nas que dou a coñecer os resultados das miñas investigacións, que sigo levando a cabo dende o Instituto Europeo Campus Stellae en Santiago de Compostela, e percorrendo toda Galicia en busca destas obras de arte nas paredes do rural galego. E con grande orgullo, no mes de abril levarei a arte do esgrafiado galego a Londres, para poder presentalo na comunidade educativa e científica londinense.
    Como investigadora e escritora galega, só teño que sentirme honrada do recoñecemento e apoio obtido ata estas datas, para que poidera escribir o libro e dar a coñecer esta arte ancestral. Dende aquí quero recomendarvos a súa lectura, así como visitar a exposición fotográfica do “Esgrafiado Galego» que se poderá ver en marzo no CIMA do Xeoparque Montañas do Courel – Reserva da Biosfera da UNESCO, durante a celebración dunha xornada científica sobre o uso do cal neste territorio da zona sur de Lugo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Por Chantada-IGV propón medidas para aumentar a transparencia e a participación cidadá

Seguinte Nova

Búscase o dono dun sobre con cartos atopado en Bóveda

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: