A empresa chantadina A Túa Xanela celebra o seu terceiro aniversario

O popular presentador da TVG, Roberto Vilar, foi a estrela do evento organizado pola empresa A Túa Xanela. Na foto, xunto ao fundador da empresa Iñaki Castiñeira. Foto EnComún.

O pasado 8 de marzo tivo lugar no Polígono dos Acivros a celebración do 3ª aniversario da empresa chantadina “A túa Xanela”, referente en Galicia no sector da fibra óptica. O evento estivo cargado de orgullo e moitas risas, grazas á participación do humorista Roberto Vilar como condutor da velada, que tamén expresou o seu agradecemento a Iñaki Castiñeira, fundador e máximo responsable da empresa, por facer realidade unha iniciativa que procurase o progreso do rural, baixo a atenta mirada dos traballadores e alcaldes que acudiron. Cabe resaltar, ademais, as palabras do alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, cara a Iñaki, pola súa contribución na mellora da vida e a economía rural, nun emotivo discurso onde ratificou o compromiso de todas as institucións públicas para apoiar a expansión do proxecto. Como conclusión da cita, proxectouse un vídeo recompilatorio da traxectoria da empresa, desde os seus inicios en 2021, ata a continuación do seu plan de crecemento, desde as 46 tendas coas que conta actualmente, co obxectivo de facer crecer a súa área de actividade para achegar e garantir a provisión de fibra óptica a todo o rural galego.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Nace a Asociación Cosmética Galega, na que participa Chorima, última gañadora do Premio Semente Ribeira Sacra

Seguinte Nova

O concurso de proxectos empresariais Semente Ribeira Sacra chega á súa décima edición

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss