Foi no mes de xullo de 2018, cando sendo entón Presidente da Deputación de Lugo Darío Campos, presentouse o proxecto de residencia para A Pobra do Brollón. Comprometíase entón a Deputación de Lugo a financiar a redacción do proxecto e achegar 1.200.000 euros ata 2019, mentres que o concello ocupábase de achegar os terreos anexos ao Centro de día, e ocupábase da licenza e realizaba unha achega de 200.000 euros.
Pero a triste realidade é que tiveron que pasar seis anos, e multitude de vicisitudes de todo tipo, para que este proxecto, tantas veces anunciado, póidase, ao fin, poñer a andar.
Neste sentido, o actual Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, vén de anunciar que as obras da residencia de maiores na Pobra do Brollón estarán en marcha na segunda quincena do mes de abril. Este anuncio ven despois de meses de dificultades causadas pola renuncia da empresa adxudicataria anterior e os problemas derivados do concurso de acredores.
A nova empresa encargada da construción, Construcciones Castro Figueiró SLU, asumirá o contrato por un importe de case 2,2 millóns de euros. A Deputación, coa intención de axilizar o proceso, autorizará a cesión do contrato na Xunta de Goberno este venres, 15 de marzo, permitindo así que os traballos comecen sen necesidade dunha nova licitación.
José Tomé destacou o compromiso firme da Deputación coa construción da residencia e a súa determinación para superar os obstáculos presentados pola situación financeira da empresa anteriormente adxudicataria.
O prazo de execución das obras está fixado en 12 meses, coa previsión de comezar na segunda quincena de abril.
O novo Centro de Atención a Maiores estará localizado na Avenida de Outeiro, ao carón do centro de día do municipio. Contará cunha superficie construída de 1.779 metros cadrados e terá capacidade para un máximo de 38 prazas de residencia. Estará dividido en catro áreas diferenciadas: residencial, dirección e administración, servizos xerais e atención especializada.
Na área residencial, atoparase todo o necesario para a convivencia dos residentes, mentres que na área de dirección e administración estarán os despachos e a recepción. A área de servizos incluirá a cociña, o comedor e os espazos comúns, e no semisoto situarase a lavandería. A cuarta área será destinada á atención especializada, integrando instalacións médicas e de rehabilitación.
O Presidente da Deputación, José Tomé Roca manifestou a súa satisfacción por poder cumprir co compromiso de dotar á Pobra do Brollón dunha moderna residencia de maiores e reiterou o compromiso de traballar para o benestar dos seus veciños e veciñas.•
Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS
A Deputación de Lugo vén de comezar os traballos de rehabilitación do firme dun tramo da
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, José
O alumnado do Obradoiro Dual de Emprego Serra do Faro VIII, que forma a vinte persoas
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou a licitación dun novo proxecto de mellora no
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, anunciou