Bóveda promove a igualdade de xénero nos equipos de fútbol locais

O Goberno local proporcionoulles as camisetas ao AD Bóveda e o SD Rubián, que estrearo nos partidos do pasado fin de semana . Foto GPCB.

O Concello de Bóveda preparou un amplo calendario de eventos para celebrar o Día Internacional da Muller, que se celebra o 8 de marzo. Baixo o lema “Sementando igualdade”, o Goberno local levou a súa campaña, esta vez estendéndoa aos clubs locais de fútbol.
O alcalde, José Manuel Arias, e o concelleiro de Deportes, Javier Domínguez, entregaron onte ao AD Bóveda e ao SD Rubián novos equipamentos deportivos co lema ‘Sementando igualdade’, financiado polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Esta acción, como explicou o rexedor, busca demostrar o compromiso dos clubs deportivos de Bóveda coa igualdade de xénero e a loita contra a discriminación das mulleres.
Ademais da entrega de equipamentos deportivos, o Concello de Bóveda levou a cabo diversas actividades para conmemorar o 8M. Un curso de autodefensa persoal para mulleres ante situacións violentas, financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta, terá lugar o vindeiro 23 de marzo, ofrecendo ferramentas prácticas para a seguridade e empoderamento das mulleres.

OUTRAS ACTIVIDADES
O 8 de marzo, Lorena Quintáns impartiu un obradoiro de fíos, promovendo a creatividade e a expresión artística como instrumentos de empoderamento feminino. A Axencia de Lectura pola Igualdade organizou unha exposición bibliográfica e actividades relacionadas coa igualdade de xénero. Ademais, houbo exposicións de artesanías e actividades na ocioteca, promovendo a reflexión e o diálogo sobre os dereitos e a igualdade das mulleres.

FOMENTO DA IGUALDADE XÉNERO
O Concello de Bóveda amosa deste xeito, o seu compromiso para fomentar a igualdade de xénero e a loita contra a discriminación, ofrecendo un programa variado e inclusivo que busca empoderar ás mulleres e visibilizar a súa contribución á sociedade.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Colectivo Vermut organiza festival solidario para salvar A Fraternal

Seguinte Nova

Alumnado do CEIP Rosalía de Castro participa nun obradoiro sobre trampas para velutinas

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss