Chantada celebrou ao grande a súa Feira do Viño

A Feira do Viño de Chantada foi un auténtico éxito, moita animación, caras coñecidas, boa organización e bos viños. Pouco máis se pode pedir. Foto GPCCH.

O Concello de Chantada desfrutou o pasado fin de semana da súa XLI Feira do Viño, tres días de festa nos que a chuvia non puido con ánimos dos veciños. A xornada do domingo tivo lugar a entrega dos premios da cata oficial e popular, así como a homenaxe aos viticultores. A escritora Fina Casalderrey, pregoeira desta edición, deleitou aos asistentes co seu discurso, onde rememorou a importancia da feira e a riqueza cultural de Chantada. Subida ao Faro, invitounos a descubrir as vistas que fan desta vila o «Corazón de Galicia», recordando momentos especiais, como a Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil nos anos 90. Casalderrey encheu de poesía e emoción o pregón, facéndonos viaxar pola ribeira de Chantada e polo universo do viño. Tras o emotivo pregón, o alcalde Manuel Lorenzo Varela entregou un acio de uvas á pregoeira e a Lomarti, autor do cartel da feira. Varela agradeceu a asistencia e participación de todos os presentes, destacando o esforzo dos viticultores e adegueiros que fan posible este evento ano tras ano.
Os asistentes tiveron a oportunidade de degustar os mellores viños da zona, premiados tanto na cata oficial como na popular. Destacaron viños como «Cabo do Mundo Mencía 2023» e «Calexotes Godello 2023», recoñecidos co Vide Gran Ouro.
As adegas participantes recibiron unha lembranza desta edición, entregada polas autoridades locais e polos ciclistas Álvaro Pino e Ezequiel Mosquera. Manuel Lorenzo Varela animou a seguir probando o viño novo, acompañado da deliciosa gastronomía de Chantada. A Feira do Viño de Chantada culminou cun éxito rotundo, reforzando o seu papel como un dos eventos máis destacados da comarca.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte presenta o «Estase Cocendo»

Seguinte Nova

Monforte mellorará a seguridade viaria coa supresión de pasos a nivel

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss