O próximo sábado 16 de marzo, o Salón de Actos da Casa da Cultura de Quiroga será escenario dun evento singular para conmemorar o Día Internacional da Muller. A prestixiosa zoqueira galega, Elena Ferro, visitará a vila para ofrecer unha charla na que compartirá a súa destacada traxectoria como muller emprendedora e a súa dedicación á marca familiar EFERRO.
A actividade, que terá lugar de 17:00 a 18:30 horas, está aberta a todo o público, xa que se considera de gran interese non só pola traxectoria de Elena, senón tamén polas particularidades do oficio concreto dos zoqueiros galegos.
Organizada polo BNG de Quiroga, esta iniciativa enmárcase no contexto do 8M, buscando visibilizar e destacar o papel das mulleres no ámbito do emprendemento e apoiando o impulso de proxectos no ámbito rural.
Elena Ferro, nacida en Merza, Vila de Cruces, no ano 1975, é herdeira dunha longa tradición familiar no oficio dos zoqueiros. A súa historia remóntase á inauguración do obradoiro familiar en 1915 polo seu avó. Trala aprendizaxe do oficio en Pazos (Silleda), Elena soubo compaxinar a fabricación dos zocos coa marroquinaría para manter vivo o legado familiar nun contexto onde a maioría dos zoqueiros desapareceran.
Nos anos 90, Elena Ferro comezou a introducir cambios nos zocos, logrando un éxito comercial notable en 2010. Innovacións como a modificación da base de madeira para adaptala a superficies duras e un novo deseño permitiron revitalizar este elemento tradicional, levándoo das feiras aos escaparates das revistas de moda sen perder a súa esencia.
A charla de Elena Ferro en Quiroga é unha oportunidade única para coñecer en profundidade a historia e o labor desta muller emprendedora que soubo manter viva unha profesión tradicional e adaptala aos tempos modernos.•
Últimas noticias sobre SOCIEDADE
Diversas iniciativas terán lugar desde ata o 29 de novembro en toda a provincia para sensibilizar
O Magosto Intercultural organizado pola Asociación Provivienda tivo lugar na Praza de España O Concelleiro de
O pasado 2 de novembro, Folgoso do Courel acolleu a tradicional Festa da Castaña, un evento
O alcalde José Tomé Roca presidiu unha homenaxe ao monfortino asasinado en 1943 pola represión franquista
O curso de Especialista en Territorio Rural Intelixente ten como meta proporcionar aos axentes económicos e