Monforte mellorará a seguridade viaria coa supresión de pasos a nivel

ADIF, vai destinar 7 millóns de euros para suprimir os pasos a nivel de Río Seco e Juan Monte, no entorno da estación de Monforte de Lemos. Foto EnComún.

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou unha excelente nova para a cidade: o Ministerio de Transportes y Movilidade Sostible do Goberno de España, a través do ADIF, destinou 7 millóns de euros para eliminar os pasos a nivel de Río Seco e Juan Montes, situados na liña León-A Coruña, en Monforte de Lemos.
Estas obras incluirán a construción dun paso inferior entre ambos os pasos a nivel, incrementando a seguridade para vehículos, trens e os veciños de Monforte. Urbanizarase completamente a zona que vai desde o restaurante Ronda até a Carretera de Reigada, e desde o Morín ata a rotonda das traseiras das casas da rúa Padre Feijóo, e a súa conexión con Juan Montes e o barrio de Rioseco, cambiando totalmente o aspecto físico desa zona do barrio da Estación. O rexedor monfortino informa que as obras foron adxudicadas á UTE integrada por Civis Global y Extraco e os traballos enmárcanse nas actuacións de supresións dos pasos a nivel, que ven xestionando o Concello dende fai anos co ADIF, mesmo propuxemos a solución dos viais que se van facer. O Alcalde resalta que coa adxudicación anunciada hoxe das actuacións de supresión dos pasos a nivel de Río Seco e Juan Montes, seguimos dando os pasos necesarios para desenvolver un proxecto de moito calado que sen dúbida contribuirá a mellorar estes barrios da cidade e a aumentar a seguridade tanto de vehículos como de persoas, e a previsión de inicio das obras que nos trasladan dende ADIF é na primavera-verán deste ano 2024. O rexedor monfortino tamén destaca que as xestións para suprimir os pasos a nivel citados comezaron no ano 2018, aceptando ADIF a solución proposta en outubro do ano 2019. Como consecuencia, levaremos a cabo a urbanización de toda a zona que vai dende o Restaurante Ronda ata a Carretera de Reigada, cambiando totalmente o aspecto físico desa zona dos barrios da Estación, Morín e Rioseco.
A licitación do proxecto estaba previsto que se levara a cabo no ano 2022 pero debido ó incremento de prezos dos materiais despois da pandemia da Covid-19, o Goberno de España aprobou un Decreto e a Xunta de Galicia outro, no que regulaban a revisión de prezos dos proxectos con un incremento aproximado dos mesmos, dun 20%.
A previsión do custe destas obras ascendía ao redor de 6.000.000 €, que, unha vez revisados nese 20% aproximado, ascendían a 8.273.522,43 €, o que supón unha inversión moi importante que vai a supoñer dinamizar toda esa zona. Finalmente, a adxudicación das obras ronda os 7 millóns de euros.
Con estas actuacións construiranse 5 rúas novas, un paso inferior, unha rotonda e unha ponte que poñerán en valor a zonas sinaladas. As novas rúas pasarán a ser de titularidade municipal, sendo incluídas no inventario de bens do Concello de Monforte. Cabe recordar que a solución que se adoptou para a supresión dos pasos a nivel de Rioseco e Juan Montes consiste na construción dun paso inferior por debaixo da vía, máis ou menos na metade dos dous pasos a nivel, polo que pasarán os vehículos e as persoas, dun xeito seguro, acadando así que non se produzan máis atropelos neses pasos.
O paso inferior executarase en base a unha estrutura -un caixón de formigón armado- empuxada baixo as vías. Así, minimizará a afección á explotación ferroviaria. O paso inferior contará con elementos de sinalización vertical e horizontal, sistemas de contención nos bordos e pozo ou arqueta de bombeo con dúas bombas para a evacuación de augas.
Deste xeito, configuraranse unhas comunicacións modernas e fluídas a ambos lados da vía do Ferrocarril, totalmente urbanizadas e que van poñer en valor toda esa zona, xa que non haberá esperas propiciadas polo paso do tren, como ocorre ata agora.
O proxecto inclúe a construción de dous novos viais: uno Este-Oeste, entre as rúas Juan Montes e Río Seco; e, outro Norte-Sur, que unirá ditas rúas. Este proxecto inclúe todo, tanto o paso inferior que permitirá suprimir os dous pasos a nivel, como a totalidade das novas rúas, a rotonda e a ponte xunto ó núcleo de Rioseco.
A inversión inclúe as expropiacións, o control e vixilancia ambiental da obra, a reposición de servidumes e dos servizos afectados (auga, luz ou saneamento), traballos de conservación do patrimonio, se o houbera, e o resto de partidas e unidades de obra.
Con esta actuación, mellorarase a permeabilidade da liña, incrementando as condicións de seguridade para a circulación de vehículos e trens.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Chantada celebrou ao grande a súa Feira do Viño

Seguinte Nova

Presentación de poemarios na Librería Pelayo

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss