Monforte presenta o «Estase Cocendo»

Imaxe do acto de presentación do Estase cocendo 2024, que contou coa intervención de Germán López, xubilado ferroviario. Foto GPDL.

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) presentou o pasado 8 de marzo, ás 18:30 h, no Centro do Viño da Ribeira Sacra, en Monforte de Lemos, unha nova edición do «Estase Cocendo».
Esta décimo sexta edición das Xornadas do Cocido da Ribeira Sacra, co patrocinio da Deputación de Lugo, desenrolarase por toda a comarca dende ata o 24 de marzo.
Os establecementos hostaleiros participantes ofrecen tapas e menús onde o cocido é o protagonista, acompañado de suxestións especiais. Identificaranse con carteis e ofrecerán dípticos informativos con todos os detalles do evento.
Unha das novidades deste ano é o sorteo de produtos de porco da Asociación Prodeme. O gañador será quen teña a rifa coas catro últimas cifras iguais ao número premiado no sorteo da ONCE do 30 de marzo. Se en 10 días non aparece o gañador, haberá un segundo sorteo o 13 de abril.
Neste 2024, o Estase Cocendo engloba novamente ao sector hostaleiro de toda a comarca, que ofrecerá ofertas especiais para todos os visitantes. Ademais, haberá actividades como visitas guiadas, quedadas de motos e o III Aquelarre das Meigas, para animar á xente a gozar do cocido e a divertirse nestas datas.
Este ano dende a organización do “Estase cocendo”, homenaxease á historia do ferrocarril, que tan importante foi na cidade, co obxectivo de resaltar a súa importancia e de recuperar o prestixio que tivo no pasado. Desde a delegación sur da APEHL decidiuse que este ano foran 4 os compadres do “Estase Cocendo”, relacionados co ferrocarril, en concreto, Germán López, xubilado ferroviario, Luis Blanco, Director do Museo do Ferrocarril de Galicia, Jesús Francisco Vila, Profesor do Colexio Ferroviario, e Javier Pérez, recentemente nomeado Director Xeral de Renfe Viaxeiros, cargo que compatibiliza coa Dirección da área de negocio de Alta Velocidade e Servicios Comerciais.
O acto, contou coa presenza da Tenente de Alcalde do Concello de Monforte, Gloria Prada, acudiu, acompañada polo Concelleiro de Servizos, José Luis Losada. Prada «quixo agradecer e poñer en valor o traballo que a APEHL está a facer para conseguir que un ano máis, esta iniciativa sexa un éxito, un “intenso traballo que están a facer con esta campaña gastroturística que se traduce nun impulso económico para Monforte e para a Ribeira Sacra”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Preséntase o video e o cartel promocional da XX Feira Medieval de Monforte

Seguinte Nova

Chantada celebrou ao grande a súa Feira do Viño

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Xornada de Convivencia

Esta semana tivo lugar unha xornada de convivencia que reuniu ás familias acolledoras do programa Vacacións

A %d blogueros les gusta esto: