Nace a Asociación Cosmética Galega, na que participa Chorima, última gañadora do Premio Semente Ribeira Sacra

ACG, presidida pola farmacéutica Ariana Fernández Palomo, apoiará o desenvolvemento, regulación e expansión da cosmética de Galicia . Foto ACG.

A Asociación Cosmética Galega (ACG) comeza o seu camiño co impulso de vinte e dúas empresas galegas dedicadas ao deseño e a creación de produtos de coidado persoal, onde se destaca o uso de ingredientes naturais procedentes de Galicia. O obxectivo principal desta nova entidade é unir esforzos para compartir coñecementos, experiencias, ferramentas e custos. A constitución da asociación tivo lugar recentemente no BioPolo da Sionlla, en Santiago de Compostela, coa participación de empresas con intereses, necesidades e dificultades comúns.

SEDE NO RURAL GALEGO, NO CONCELLO DE MONTERROSO
A nova sede da Asociación Cosmética Galega estará situada no rural galego, concretamente no lugar de Cumbraos, no Concello de Monterroso (Lugo), onde se localiza o proxecto Cosmética Muuhlloa. A presidencia desta entidade estará a cargo da farmacéutica Ariana Fernández Palomo, impulsora do proxecto lp10. O obxectivo é representar a todas aquelas empresas implicadas na cadea de valor deste sector económico, desde o deseño e a formulación ata a produción, distribución, comercialización e control.

CHORIMA COSMÉTICA ATLÁNTICA, ENTRE AS EMPRESAS FUNDADORAS
Entre as empresas fundadoras da ACG atopamos nomes recoñecidos como lp10, Chorima, Piel Natura, Blue Silk, Nüür, Naturavia, Amalgama, Nela Biosense, Siolaz, Orixe Cosmetics, Muuhlloa, Rizzola, Segolab Saúde, Alloa, Maruxiña, Pazo Gil Casares, Anainas, De Lú, Acemelia, Esencia Viva, Ozoaqua e Luxor Essentia.

APOIO DO CLÚSTER TECNOLÓXICO
A nova asociación contará co respaldo do Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) e do BioPolo da Sionlla, e disporá dun equipo directivo e de xestión formado por expertos en diversas áreas da consultoría empresarial. A súa Xunta Directiva, composta por 10 membros, estará encabezada por Ariana Fernández Palomo como presidenta, Miguel Ramón de la Calle como vicepresidente, José Ángel Dopico como secretario, Alejandro Cortizas como tesoureiro e seis vocais.

OBSECTIVOS DA ASOCIACIÓN
Os obxectivos da Asociación Cosmética Galega inclúen representar os intereses dos seus socios ante entidades públicas e privadas, promover o desenvolvemento e a regulación da cosmética galega, mellorar a competitividade, fomentar a innovación e a investigación, apostar pola perspectiva de xénero, desenvolver proxectos conxuntos, compartir recursos e experiencias, e promover a sustentabilidade.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Mellora no entorno das instalacións deportivas e os edificios de vivendas da zona da Pinguela

Seguinte Nova

A empresa chantadina A Túa Xanela celebra o seu terceiro aniversario

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: